A EOI de Santiago acolle dúas estudantes italianas dentro do Programa Leonardo

A Escola Oficial de Idiomas de Santiago acolle durante as dúas últimas semanas de setembro a dúas alumnas do IIS Pietro Scalcerle de Padua (Italia) dentro da acción Leonardo do Programa de Aprendizaxe Permanente. Martina e Adelaide farán prácticas laborais prestando apoio nas labores de conserxería, secretaría e biblioteca no centro.

Esta experiencia trátase da segunda parte do intercambio realizado por outras dúas alumnas do noso centro, que visitaron Padua no mes de xullo co obxectivo de facer prácticas laborais e practicar a lingua.

Repercusión nos medios: La Voz de Galicia