Puppet making workshop / obradoiro de monicreques

PuppetsO día 18 de outubro ás 19 horas tivo lugar un obradoiro na sección de inglés da EOI en Ordes destinado ao alumnado do nivel A2. Consistiu en visualizar primeiro unha obra de teatro en inglés titulada “The Banana School” e logo participou nun diálogo sobre a mesma. Por último, o alumnado fixo un monicreque con material de refugallo para crear un personaxe e de seguido, inventou unha historia para a súa representación.

A devandita actividade resultou motivadora e espertou o interese de todos os participantes pola súa orixinalidade.