Exposición 20 aniversario

 

Nos corredores do 1º e do 2º andar podes visitar a exposición que fai un percorrido, en 20 paneis, polos 20 anos de existencia do noso centro. Neles destácanse as principais novidades da organización académica que foron incorporándose ano tras ano, así como os proxectos europeos e as actividades culturais e de dinamización lingüística organizados ao longo de todo este período. A exposición permanecerá pendurada até o día 30 de xuño deste ano.