Actividades

Encontro co escritor Adrián Noia

adrian noia

Encontro con Adrián Noia, autor de novelas coma A terra leve e O país dos raposos .

Mércores 8 de maio ás 16:00 na biblioteca.

Organiza o Equipo de dinamización da lingua galega.

 

MIni Saga Workshop

mini saga workshop

Join our creative writing workshop and enjoy reading and writing stories in exactly 50 words (Levels B2.2, C1 and C2)

Monday, March 4 at 7pm in the library of the Sección de Sar

Tuesday, March 5 at 7:30pm in the library (Vite)

Signing up required!

Se queres asistir ao obradoiro en Sar, inscríbete neste formulario

Se queres participar en Vite, inscríbete neste formulario

À haute voix

8M francés

Le 8 mars, faisons vivre les textes des écrivaines francophones dans les voix des élèves de français!

Lecture à voix haute de différents extraits de romans ou essais écrits par des femmes.

Inscrivez-vous pour lire un extrait (de 5 à 10 min). Nous partagerons un moment de découverte littéraire. 

Vendredi 8 mars de 10h30 à 12h00.

Lien pour s’inscrire (obligatoire) 

 

Podcast Club. Ampliamos prazo de inscrición!

Tras o éxito do primeiro encontro do Podcast Club organizado pola biblioteca da escola en colaboración co departamento de inglés, decidimos ampliar o prazo de inscrición de cara a próxima sesión en xaneiro.
Se formas parte do alumnado de inglés dos niveis B2, C1 e C2 podes participar. Escoitaremos, comentaremos, debatiremos...
Inscríbete aquí e participa!
DATA: 22 xaneiro
HORA: 16:20
LUGAR: Biblioteca EOI Santiago (Vite)
DEPARTAMENTO: inglés

Álbum de fotos do Concurso de Doces de Nadal

Velaquí varias imaxes da entrega de premios do Concurso de Doces de Nadal celebrado na biblioteca.

Moitos parabéns ás gañadoras e moitas grazas a todos/as por participar e por vir degustar os doces. O xurado necesitou tempo para deliberar xa que todas as sobremesas participantes foron excepcionais tanto polo sabor como pola súa presentación e relación co Nadal.

Grazas tamén a Tetiana Polyakova, alumna de español, pola súa actuación con cancións e bailes ucraínos.

Bo Nadal a todos/as!

Mesiteca

mesitexca

Es un amante dos libros pero non tes espazo na casa para gardar todos os que tes?

Gustaríache saber o que len outros/as lectores/as da escola?

Achégate á MESITECA!

A Mesiteca é unha mesa situada na entrada da escola con doazóns de libros que poden levar. Tamén podes deixar libros que non precises para que os collan outros/as alumnos/as.

Grazas por usar á Mesiteca!

Fai clic na imaxe para agrandala

Obradoiro de creación de flores de papel

Obradoiro flores papel

De follas vellas, pétalos de papel... este Nadal, agasalla flores de papel feitas de libros expurgados.
Vén ao obradoiro de flores de papel impartido por The Book Killer! Reserva unha das 15 prazas enviando un correo electrónico a biblioteca@eoisantiago.org, indicando o teu nome e o idioma que cursas.
Luns, 18 de decembro, ás 19:30h na biblioteca.
Para saber máis sobre The Book Killer, preme aquí.

 

Concurso de escritura: "Relatos encadeados"

Escribe un relato cun máximo de 150 palabras en galego.

Este mes de novembro comezará por: "Chegou a comprender o soñar..."

Entrega o(s) teu(s) relato(s) asinado(s) con pseudónimo nun sobre pechado (e nese outro sobre con dentro o teu nome e apelidos) na Biblioteca da EOI ou entrégallo ó/á teu/túa docente.

Prazo de presentación: ampliado ata o 11 de decembro

Podes consultar as bases nesta ligazón.

Organiza o equipo de biblioteca.

English Podcast Club

podcast club

A Biblioteca da EOI de Santiago en colaboración co departamento de inglés organiza un #PodcastClub para o alumnado dos niveis B2, C1 e C2.

Escoitaremos, comentaremos, debatiremos... Inscríbete nesta ligazón e participa!

DATA: 11 decembro, ás 16h
LUGAR: Biblioteca EOI Santiago-Vite
DEPARTAMENTO: inglés

Visite guidée de la bibliothèque

Tu ne connais pas la bibliothèque ? C’est le moment de venir découvrir cet espace de l’EOI avec le département de français!

On vous expliquera comment fonctionne la bibliothèque et on fera un petit jeu pour se familiariser avec l’organisation des livres, des films, etc.

Mercredi 25 octobre à 17h30
Jeudi 26 octobre à 9h30
Contacto: rpaz@eoisantiago.org

Distribuir contido