That's English! información xeral

Logo That's English

Que é That's English!?

That’s English! é un programa de educación a distancia para aprender inglés creado polo Ministerio de Educación. A EOI de Santiago de Compostela é centro de apoio titorial deste programa, ofrecendo a posibilidade de asistir ás titorías e realizar os exames no centro.

IMPORTANTE! As xestións administrativas de matrícula e emisión de certificados realízanse na sede de apoio administrativo, con cita previa, que é a Escola Oficial de Idiomas de A Coruña. Nesta mesma páxina pode facer a súa solicitude de cita previa. 

O curso comeza no nivel de principiante, polo que non se require coñecemento previo de inglés ningún; con todo, o alumno que xa teña coñecementos do idioma poderá acceder directamente ao curso que lle corresponda a través da realización da proba de valoración inicial (Proba VIA), convocada pola EOI de A Coruña ao inicio do curso académico.

Requisitos de acceso

Para acceder a estas ensinanzas é requisito imprescindible ter dezaséis anos cumpridos no ano no que se inicien os estudos. Así mesmo, poderán acceder os maiores de catorce anos se na Educación Secundaria Obligatoria cursan como primeira lingua estranxeira un idioma distinto do inglés.

Estrutura e certificación

O programa That's English! abarca os niveis básico, intermedio e avanzado das Ensinanzas de Réxime Especial de inglés, e estrutúrase en módulos. Ao rematar o módulo A2.4, o módulo B1.2, o módulo B2.4 e o módulo C1.2, e logo de superar as probas terminais específicas de certificación, o alumnado recibirá o Certificado de Nivel básico, Nivel intermedio e Nivel avanzado en inglés, respectivamente.

Estes certificados serán expedidos pola Administración educativa competente a proposta da Escola oficial de idiomas na que se realicen as probas.

A estrutura modular destas ensinanzas é unha resposta á necesidade de acomodar o proceso formativo ás condicións e necesidades das persoas adultas. Tendo en conta a diversidade das súas circunstancias persoais, cómpre establecer obxectivos educativos parciais que poidan acadarse en prazos máis curtos que nun ano académico. De aí a división en módulos, entendidos como unidades significativas de ensinanza e aprendizaxe, cun sistema de avaliación propio. O alumnado poderá ir superando cada un dos módulos de maneira sucesiva e no tempo que requira, segundo o seu propio ritmo de aprendizaxe.

A configuración do programa That's English! en módulos fai que a duración de cada un corresponda aproximadamente cun cuadrimestre académico, de xeito que se poida establecer unha correspondencia cos cursos presenciais das EOIs:

 

 PLAN DE ESTUDOS 2020 

NIVEL

CURSO

MÓDULO
BÁSICO A2

1º básico A2

 

2º básico A2

BÁSICO A2.1

BÁSICO A2.2

BÁSICO A2.3

BÁSICO A2.4

INTERMEDIO B1

Intermedio B1

INTERMEDIO B1.1

INTERMEDIO B1.2

INTERMEDIO B2

1º intermedio B2

2º intermedio B2

INTERMEDIO B2.1

INTERMEDIO B2.2

INTERMEDIO B2.3

INTERMEDIO B2.4

AVANZADO C1

Avanzado C1

AVANZADO C1.1

AVANZADO C1.2

 

O  cambio do plan 2018 ao plan 2020 realizarase tendo en conta os módulosa probados polo alumnado segundo a seguinte táboa de equivalencias:

 

 INCORPORACIÓN DO ALUMNADO DO PLAN DE ESTUDOS ANTERIOR  

Módulos aprobados no Plan 18 

Módulo ao que accede no plan 20

Módulo 1

A2.3*

Módulo 2

A2.3

Módulo 3

A2.3 (repetidor)

Módulo 4

B1.1

Módulo 5

B1.1 (repetidor)

Módulo 6**

B2.1

Módulo 7

B2.3* 

Módulo 8

B2.3 

Módulo 9

B2.3 (repetidor) 

Módulo 10***

(B2.3) (opcional/repetidor)  

Módulo 11****

(B2.3) (opcional/repetidor)   

Módulo 12

C1.1 

* O alumnado que superara o primeiro módulo do primeiro curso dun nivel (módulos 1 e 7), pero non o segundo (módulos 2 e 8) poderá matricularse do segundo curso do nivel, condicionado a recuperar o módulo pendente nunha convocatoria extraordinaria no mes de decembro. De non superar esta convocatoria, o alumnado será considerado nos cursos posteriores repetidor do segundo curso do nivel, pero seguirá tendo que aprobar todos os módulos pendentes.

** O alumnado cos módulos 5 e 6 aprobados pasará ao nivel B2 sen necesidade de certificación e, se o desexa, poderá presentarse á proba de certificación do nivel B1 no curso 2020-2021.

*** O alumnado co módulo 10 aprobado terá un ano extra para terminar o nivel B2 polo plan antigo (módulos 11 e 12 do plan 2018). Desta forma, garánteselle a posibilidade de cursar dous anos como preparación para a proba de certificación do nivel B2. Opcionalmente, este alumnado poderá renunciar ao seu expediente no plan 2018 e matricularse directamente no módulo B2.3 do novo plan. Neste caso será considerado repetidor, para os efectos do pagamento de taxas. Se ao rematar o curso 2020-21 non supera o módulo 12 ou a proba de certificación do nivel B2 terá que incorporarse necesariamente como repetidor ao módulo B2.3 do novo plan.

**** O alumnado que teña o módulo 11 aprobado poderá elixir entre matricularse no módulo 11 do plan a extinguir ou integrarse no novo plan. En ambos os casos, para os efectos de taxas, será considerado repetidor

 

Obxectivos e niveis

Os obxectivos do curso That's English! son os correspondentes ás Ensinanzas de Réxime Especial de inglés que se imparten nas Escolas oficiais de idiomas. A correspondencia dos niveis de That's English! cos niveis definidos no Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas (MECRL) é o que pode verse a continuación:

Nivel Básico A2: Niveis A1-A2 do MECRL
Nivel Intermedio B1: Nivel B1 do MECRL
Nivel Intermedio B2: Nivel B2 do MECRL
Nivel Avanzado C1: Nivel C1 do MECRL

Materiais didácticos

Logo de incribirse nos módulos correspondentes a un curso académico, o alumnado recibe, no centro onde se matricula, os medios didácticos elaborados especificamente para estas ensinanzas para o seu uso de maneira integrada.

Os vídeos son imprescindibles para seguir correctamente o curso, polo que o alumnado recíbeos, xunto co resto do material didáctico, no momento de efectuar a matrícula. Así mesmo, e dada a grande importancia da expresión oral, o curso That's English!, a través da EOI de Santiago de Compostela, pon ao dispor do alumnado sesións de titoría semanais de hora e media de duración, non obrigatorias, onde pode desenvolver a devandita destreza xunto a outros compañeiros e baixo as orientacións do seu titor ou titora.

Os medios didácticos dos que o alumnado dispón, e que se reciben no momento da matrícula son os seguintes:

  • Libro de texto
  • CD de audio
  • Libro de vocabulario e gramática
  • Programas de televisión en DVD
  • Caderno de actividades

Os CDs en formato mp3 están totalmente integrados nos contidos dos libros de texto, de maneira que para realizar moitas das actividades do libro é imprescindible a utilización de ditos CDs. Os CDs fan posible a realización de tarefas de aprendizaxe diversas: pronuncia, comprensión, práctica oral, etc.

Ademais, todas as actividades que se presentan permiten ao alumando unha autoavaliación inmediata coa axuda das transcripcións e do solucionario que aparece ao final do libro de texto.

Os libros de vocabulario e gramática nos niveis inferiores están pensados para resumir e afondas nas estruturas gramaticais e o léxico aprendidos no curso.

Do mesmo xeito que ocorre co CD de audio, o contido dos programas de vídeo, dos que o alumnado dispón en formato DVD, está integrado no do libro de texto, de xeito que se non os ve, será moi difícil realizar as actividades presentadas nas sesións de aprendizaxe, e por tanto, seguir o curso cun mínimo de eficacia.   

O caderno de actividades contén exercicios para repasar o vocabulario, a pronuncia e aspectos gramaticais de cada módulo, ademais doutras que permitirán ao alumnado practicar as diferentes destrezas da lingua, a comprensión auditiva e lectora e expresión e interacción oral e escrita.

Plataforma e-learning

Logo de matricularse, o alumnado poderá acceder aos materiais do seu curso na plataforma e-learning. Nela pódense atopar:

  • Actividades: poderá  practicar e aprender inglés dunha maneira rápida y divertida coas actividades de That’s English!
  • Seguemento: para coñecer automaticamente o seu avance no curso e o seu  progreso na aprendizaxe, descubrindo ademais a que actividades debe volver para repasar os seus puntos débiles
  • Vídeos: todos os vídeos de That’s English! están tamén aloxados na plataforma.
  • Audio: o alumnado pode descargalos e escoitalos en calquera lugar e en calquera momento.
  • Ferramenta de fonética: para coñecer os símbolos fonéticos que o axudarán ao longo de toda a súa aprendizaxe a entender a pronuncia exacta do inglés.
  • Vocabulary: é unha sección específica para reforzar todo o vocabulario e as expresións máis importantes que o alumnado aprendeu no curso.
  • Buscador: dispón dun sistema de búsqueda avanzada co que localizar as actividades que o alumnado considere que precisa realizar e repasar.
  • E ademais, existe un banco de recursos con todos os materiais novos e antigos de That's English!, un dicionario sonoro co que descubrir o significado e a pronuncia das palabras que o alumnado necesite, e outros recursos que cada ano se van ampliando e modificando co obxectivo de proporcionar a axuda necesaria para progresar na aprendizaxe do idioma.

Titoría presencial

É evidente que a aprendizaxe dun idioma moderno non se pode concebir sen a práctica oral e, con esta fin, o alumnado dispón, mediante sesións semanais de hora e media de duración e dentro dos horarios dispoñibles, da axuda dun/ha titor/a na sede da EOI de Santiago de Compostela. O titor orientará o alumnado no seu estudo e proceso de aprendizaxe.

As sesións presenciais están orientadas á práctica das destrezas comunicativas, dando prioridade á expresión e interacción oral. A titoría ten pois unha grande utilidade e, por tanto, é necesario poder adicar estas sesións á práctica oral. A asistencia á titoría, aínda que non é obrigatoria formalmente, é de grande utilidade para acadar os obxectivos do curso.

Contacto co/a titor/a

O alumnado poderá consultar todas aquelas dúbidas sobre pronunciación, semántica, sintaxis e outros aspectos do idioma que lle xurdan na propia sesión de titoría ou contactando co seu titor/a a través do teléfono ou do correo electrónico.

Para máis información, pode consultar a normativa que regula este tipo de ensinanza nesta ligazón e na páxina www.thatsenglish.com.