Actividades culturais

UNS PARRULOS MOI CÓMICOS

Queres participar neste novo concurso de cómic? Desta volta non terás que debuxar, senon simplemente completar as viñetas cunha historia da tua colleita. Haberá un premio por lingua de 20 euros para gastar nunha librería local. Anímate a participar!

Achega a túa historia en viñetas sobre os parrulos cómicos á conserxaría (o prazo estará aberto ata o luns 20 de maio). Bota unha ollada ás bases do concurso para saber máis.

CAMPAÑA "TRAE UN AMIGO/A A CLASE"

Tés algunha persoa achegada interesada en estudar idiomas? Agora na EOI Pontevedra podes convidar a un amigo/a vir a clase contigo co obxectivo de coñecer o funcionamento e dinámicas dos nosos cursos.

A campaña estará aberta ata o 23 de maio, incluído. Consulta co teu profesor/a e aproveita a oportunidade de dar a coñecer a Escola a outras persoas que tamén sinten paxión polas linguas!

CERTAME DE MICRORRELATO EN GALEGO

Este ano coma en cursos pasados celebraremos o XIV Certame de microrrelato  en galego en colaboración con Concello de Pontevedra o vindeiro xoves, 25 de abril ás 17.30 horas.

A participación consiste en escribir un microrrelato de ata 150 palabras en galego in situ nun máximo de 110 minuto incluindo 3 palabras específicas que se proporcionan no momento. 

Repártense 450€ en vales para a compra de libros, CDs e DVDs en galego nunha librería de Pontevedra. O certame está aberto ao público xeral! Consulta as bases.

ANTES PROFES, AGORA ALUMNAS

Ghislaine, Marisol e Estrella comparten recordos da súa etapa como profesoras na EOI Pontevedra e explican a súa experiencia na mesma Escola como alumnas. Queres saber máis? Bota unha ollada ao vídeo:

2 IDIOMAS, 2 XERACIÓNS

Quen son Catarina e Consuelo? Nai e filla estudan na EOI Pontevedra; queres saber por que?

Bota unha ollada ao vídeo!

OBRADOIRO: PREPARACIÓN ESTRATÉXICA DE PROBAS

Se che asusta a proba de comprensión oral, o Departamento de francés ten a solución perfecta para que poidas aprender técnicas de escoita eficaz e estratexias que che axudarán a resolver a proba oral. Achégate ao salón de actos o vindeiro 23 de abril ás 11.000 ou ás 19.00 horas!

VIAXE A LONDRES

Londres: nunca deixarás de sorprendernos! Unha viaxe máis co alumnado da Escola, acompañado da profesora Antía Portas. Porque viaxar, é evolucionar.

6 LINGUAS: UN MUNDO EN CÓMIC

O vindeiro xoves 14 de marzo ás 18.30 o marabilloso e único Kiko da Silva, fundador do Garaxe Hermetico, virá á Escola para facer un percorrido pola Banda deseñada. Achégate ao salón de actos e inspírate coas súas viñetas! Este curso vai de cómic!

EXPERIENCIA PIALE: ALEJANDRA ALONSO

A nosa compañeira Alejandra Alonso comparte o a súa experiencia de inmersión lingüística na cidade de Burdeos. Bota unha ollada á súa presentación para saber máis dos aspectos destacables do sistema educativo francés.

CONCURSO DE CÓMICS "A ESCOLA EN VIÑETAS"

Queres gañar unhas clases de debuxo e pintura gratuitas durante dous meses? Participa no concurso "A Escola en viñetas" do 1 de marzo ao 1 de abril.

Este ano homenaxeamos os fondos de banda deseñada na nosa biblioteca e ti só tés que deixar voar a túa imaxinación para crear un cómic ambientado na Escola. 

O concurso está aberto ao público xeral ademais de ao alumnado do centro. Le as bases detidamente e anímate! Comparte esta información.

Distribuir contido