EDLG

O equipo de dinamización ten un novo blog:

edlgeoipontevedra.blogspot.com.es

Nel podes informarte de todas as nosas actividades, deixar os teus comentarios ou suxestións, e gostar da lingua tanto coma nós.

 Tamén podes poñerte en contacto connosco a través deste enderezo:

edlg@eoipontevedra.org

Descrición xeral e funcións do EDLG

Segundo se recolle no artigo 15º do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega crearase para potenciar o uso da lingua galega no centro e terá un papel fundamental no deseño, posta en práctica e revisión dos programas de promoción no centro educativo.

 

Obxectivos:

(recollidos no Proxecto Lingüístico de Centro)

  • Que a produción documental e informativa do centro se faga en galego correctamente escrito.
  • Traballar a prol da eliminación dos preconceptos lingüísticos entre todos os colectivos que conviven na Escola.
  • Fomentar o interese polo coñecemento e emprego da lingua como ferramenta espontánea e necesaria de comunicación.
  • Cultivar o interese pola literatura galega.
  • Conseguir que a Escola se converta nun verdadeiro centro difusor da lingua, da literatura e da cultura galegas.

Constituíntes:

Coordinadora:
Elma Barreiro Abad
 
Profesorado:

Santiago González Lopo, departamento de francés
Lorena López López, departamento de galego
Élida Abal Santorum, departamento de galego
Laura López Álvarez, departamento de inglés
Isabel Barreiro Quibén, departamento de inglés
 
Alumnado:
Andrea Ucha Bouzada 
Josefa Fernández López
Celestino Álvarez Blanco