17 E 18 DE MAIO: HORARIO DO CENTRO

Durante os días 17 e 18 de maio, o centro permanecerá pechado. 

LETRAS GALEGAS 2012

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas o EDLG organiza unha serie de actividades relacionadas co autor homenaxeado no 2012: Valentín Paz Andrade.
 
Exposicións de carteis e libros, vídeos divulgativos, un certame de microrrelatos e o Festival das Letras, o mércores 16 de maio, forman parte do programa organizado para festexar esta conmemoración.
 
Anímate e participa das festa das nosas letras!

ACTIVIDADES
Exposición sobre o autor
nos corredores da EOI
 
Exposición de libros na entrada
 
Agasallo dun exemplar do
II Certame de microrrelatos con cada empréstimo da biblioteca

III CERTAME DE MICRORRELATO

 

RESOLUCIÓN DO III CERTAME DE MICRORRELATO EN GALEGO “EOI DE PONTEVEDRA”

O EDLG da EOI de Pontevedra quérelles dar as grazas a todas as persoas que participaron  no certame e invitalas a recoller un agasallo na conserxería da Escola a partir do mércores, 23 de maio.

Por outra banda, tendo en conta que as tres palabras que debían ser empregadas na elaboración dos relatos non foron usadas correctamente polas persoas participantes, o xurado do certame acordou deixar desertos os premios.

Así mesmo, infórmase de que o acto das Letras Galegas que estaba previsto para o mércores, 16 de maio no salón de actos non se realizará.

PROBAS DE CLASIFICACIÓN 2012

Información para as persoas candidatas ás probas de clasificación 2012 publicada na categoría "Exames" desta mesma web.

 

Matrícula para as probas de clasificación: 15 a 30 de maio. Información sobre o proceso de matrícula, na categoría Matrícula desta mesma web. 

PROBAS DE CERTIFICACIÓN 2012

ATENCIÓN!: Publicado o calendario global das probas de certificación, que inclúe as probas de expresión oral. Pode consultarse na alínea Exames do menú Alumnado.

 

ATENCIÓN!: Publicadas as listas de alumnos libres admitidos ás probas de certificación. Poden consultarse na alínea Exames do departamento correspondente.

Publicados todos os documentos relativos ás probas de certificación de 2012, que poden ser consultados, xuntamente con outra información pertinente, na categoría "Exames" do menú "Alumnado" desta mesma web.

A matrícula para os alumnos libres será de 10 a 27 de abril. Máis información, na categoría "Matrícula" desta mesma web.

CONCURSO DA BIBLIOTECA

Gañadores do concurso:

1º premio: deserto.

2º premio: Nuria Ortiz Martínez, polo artigo "Private Games".

 

Parabéns!

 

25 DE ABRIL 2012

Para comemorar o 38º aniversário da Revolução dos Cravos, e porque o Espírito de Abril não deve morrer, a nossa Biblioteca expõe no hall uma pequena amostra do seu catálogo sobre o 25 de Abril e os seus protagonistas. 

25 de Abril por sempre!

EN ABRIL, LIBROS MIL

 

O día 23 de Abril é o Día do Libro. Para celebralo, a nosa Biblioteca expón, na entrada, unha pequena mostra de libros de todas as linguas da Escola. Convidámosvos a ver a nosa exposición, a usar a Biblioteca e, claro, a LER!

 

 

RECOLLIDA DE TÍTULOS DE BÁSICO E INTERMEDIO

Os alumnos xa poden recoller os títulos de certificación de Básico e Intermedio 2010-11 na Secretaría da Escola.

Ausencias do profesorado

Día 23 de maio: o profesor J. Manuel Luaña Fontán está ausente.


Distribuir contido