Consulte o calendario completo de realización das probas para o curso académico 2023-24.
CONVOCATORIA ORDINARIA XUÑO 2024
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA XUÑO 2024
IMPORTANTE: Acuda á Escola 15 min antes da realización de cada proba.
O alumnado matriculado no presente curso escolar 2023-24 nos cursos CALC e CUALE na EOI Pontevedra que queira presentarse as probas de certificación do nivel que está cursando deberá matricularse nesta ligazón do 8 ao 12 de abril de 2024 (ambos días incluídos).
Consulta os requerimentos nesta ligazón.
Interésache gozar da lectura durante todo o verán sen estar pendente dos prazos para devolver os libros? Achégate á nosa biblioteca do 3 ao 21 de xuño! Recibirás unha bolsa de algodón decorada para levar o material que precises e poderás devolvelo en setembro!
Anímaste a coñecer mellor as rúas de Pontevedra da man dunha guía experta? Anótate (ata o 1 marzo) escribindo ao enderezo edlg@eoipontevedra.org. Cómpre acadarmos un número mínimo de participantes para poder realizar. a actividade! O roteiro sairá o vindeiro venres 8 de marzo ás 11.30 horas da Praza da Ferrería. Acompáñanos a percorrer as rúas da nosa vila e descubre as hostorias destas mulleres senlleiras!
CURSOS MONOGRÁFICOS DE 60 HORAS: Matrícula aberta do 8 ao 19 de xaneiro.
Enche o formulario para os cursos monográficos, paga as taxas e envía a documentación ao enderezo matricula@eoipontevedra.org
CURSOS INTENSIVOS DE 120 HORAS: Matrícula aberta do 29 de xaneiro ao 2 de febreiro.
Completa o formulario para os cursos intensivos, paga as taxas e envía a documentación ao enderezo matricula@eoipontevedra.org
Documentación (só alumnado novo)
Ábrese o prazo de preinscrición para os cursos de galego CELGA e LAG (linguaxe administrativa en liña) que se desenvolverán no 2º cuadrimestre.
Consulta todos os detalles nesta ligazón.
Gústaríache botar unha man na biblio, coidando e facendo bo uso dos materiais? Cubre a solicitude para participar no Programa de voluntariado e entrégaa na Conserxaría antes do 27 de outubro.
Solidarízate coa biblioteca, solidarízate coa cultura.
A cidade de Pontevedra acollerá a Gran Final Mundial de Triatlón do 20 ao 24 de setembro.
Dado que o epicentro da actividade é a Ponte dos Tirantes e o estadio do CGTD produciranse restriccións de mobilidade en certas rúas próximas á Escola. Consulta as ligazóns se adoitas usar o coche para desprazarte por Pontevedra:
Qué é o Examprep?
Que curso oferta a EOI de Pontevedra e cales son as datas de comezo?
Como funciona o curso?
Quen pode acceder a este curso?
Cal é o prazo de inscrición?
Como me podo inscribir?
Cal é a documentación requirida?
Canto custa o curso?
Consulta máis información nesta ligazón ou chama o número 886 159 121.