Actividades

Guess who's coming to dinner!

Adiviña quen ven cear para o Día do Libro 2023! Tes as pistas no andar principal da Escola... Podes gañar un dos libros cos que xogamos este ano.

Inicio das Lecturas Viaxeiras

Iniciamos unha nova actividade de dinamización da lectura.

As Lecturas Viaxeiras.

Antes dos períodos non lectivos máis longos: Semana Santa, verán... na mesa central da Biblioteca hai unhas bolsiñas por linguas e niveis para que fagades o empréstito e levedes convosco nas vosas vacacións. A dinámica é ben sinxela. Pasade pola sala de lectura da Biblioteca, e levade un libro compañeiro de viaxe!

 

Propostas de compras para a Biblioteca

Pssst!

Ti que usas a Biblioteca da EOI de Vilagarcía, botas en falta algún fondo?

No QR ou na ligazón https://forms.gle/aJtxzdyQ3oded7XW7 podes facernos achegas de compras por linguas.

 

Día Mundial da Radio

Na nosa Radio Maré, podedes disfrutar dos podcast creados polo noso alumnado, neste Día Mundial da Radio.

Novo episodio de 'Exóticas', sobre 'La Malinche'

Novo episodio de 'Exóticas' sobre 'La Malinche' - podcast en coprodución de Radio Maré, da EOI de Vilagarcía de Arousa, e LusoMicroFonia, do IES San Clemente. 

Para escoitar os programas de Radio Maré: Radio Maré - iVoox

Para descubrir máis sobre LusoMicroFonia: LusoMicroFonia | IES San Clemente

 

 

Biblio-recomendacións

Hoxe, desde a Biblitoeca da EOI de Vilagarcía, iniciamos unha iniciativa de fomento da lectura. 

Retomamos as biblio-recomendacións de alumnado.

O sistema é ben sinxelo: cada semana o profesorado de garda selecciona lecturas por niveis que van no carro branco de aula. Cada semana un nivel! Básico inicia hoxe! A semana que vén intermedio, etc… e volta a iniciar. O profesorado titor leva o carro branco ás aulas e lle fai o empréstito ao alumnado en Koha, quen, alén do fondo, tamén levará unha tarxeta de biblio-recomendación. As tarxetas levan unha mini-guía para facer recomendacións na lingua de estudo, e logo as colgan no expositor da biblio.

A colaboración entre alumnado a través dos fondos de lectura e ás producións en lingua meta xúntanse nesta iniciativa que ademais permitiría integrarse como actividade de aula, e tamén tería cabida a levar estas biblio-recomendacións á producións orais na Radio na Biblio, na RadioMaré.

Preamar - Novo programa da Radio Maré, a radio da Biblioteca

A radio da Biblioteca da EOI de Vilagarcía, Radio Maré, inicia este mes de xaneiro un novo programa 'Preamar', da man de alumnado.

Aínda non coñecedes as nosas ondas? Ficade atentos!

 

 

Distribuir contido