A EOI na prensa

A EOI de Vilagarcía gaña o XVII Premio para a Igualdade de Xénero

O noso centro foi recoñecido na décimo sétima edición do PREMIO PARA A IGUALDADE DE XÉNERO: BÓAS PRÁCTICAS NA EDUCACIÓN, convocado pola Área de Igualdade-CIM do Concello de Vilagarcía. 

Agradecemos moito á Área que habilitase unha categoría especial para os centros de ciclos formativos, ensinanzas de réxime especial e obradoiros de emprego, que contamos cunhas características diferenciadas aos centros de infantil, primaria ou secundaria e bacharelato. 

O premio otorgouse polo proxecto “Ondas de Igualdade. Radioteatro nas Aulas”, promovido polas docentes do departamento de Lingua Galega e dirixido ao alumnado do CELGA IV de xeito particular, e ao resto do centro de maneira xeral. Como se pode ver na web do Concello, o proxecto tiña como obxectivo, entre outros, promover a reflexión sobre os estereotipos de xénero na sociedade actual, a identificación e a análise de prácticas en positivo coas que combater eses estereotipos e prexuízos, e a promoción de accións dirixidas a mudalos. A través de diversas dinámicas da aula, levouse a cabo unha primeira labor de observación da realidade e de reflexión, que materializaron nun franelograma onde o alumnado clasificou condutas, clichés e comportamentos sociais machistas. Estas reflexións servíronlle para, posteriormente elaborar textos narrativos e guións radiofónicos que gravarán e publicarán na radio da escola. 

O fanelograma poderá consultarse no hall da EOI até que remate o curso e o diploma no marco instalarase na entrada, xunto cos outros recoñecementos dos últimos anos.  

Nestas ligazóns se poden consultar as diferentes notas de prensa.

El Concello premia al colegio de A Lomba y a la Escola de Idiomas por sus iniciativas por la igualdad- Diario de Arousa

Premios para resaltar las buenas prácticas en materia de igualdad (lavozdegalicia.es)

La Escuela Oficial de Idiomas y el CEIP A Lomba hacen virtud de la defensa de la igualdad - Faro de Vigo

 

Aprender galego: historias de amor e de conveniencia na escola de idiomas

Unha caraqueña, un italiano, unha manchega e varios galegos explican por que estudan esta lingua na EOI de Vilagarcía. Preme aquí para ler a noticia de prensa publicada en La Voz de Galicia -  Edición Arousa.

Imaxe de Adrián Baúlde.

 

Distribuir contido