Información Xeral

Probas de clasificación para o curso 2023-2024.

Probas de clasificación que se administran para o curso 2023-2024

  • Alemán.
  • Francés.
  • Galego.
  • Inglés.
  • Italiano.
  • Portugués.

 

Quen se pode inscribir para realizar unha proba de clasificación?

  • Novo alumnado que teña coñecementos previos e desexe matricularse na modalidade presencial nun curso distinto de primeiro.
  • Antigo alumnado que non estivera cursando estas ensinanzas nos dous últimos cursos académicos na modalidade presencial ou That’s English!; polo que non poderá matricularse nunha proba de clasificación o alumnado oficial dos cursos 2021-2022 nin do 2022-2023. Deberá ter en conta que se o resultado da proba lle da acceso a un curso que xa superou, a proba non terá efecto.

 

Requisitos das persoas aspirantes

  • As persoas aspirantes ás probas de clasificación deben ter dezaseis anos, ou cumprilos antes do 31 de decembro de 2023. Excepcionalmente, se o aspirante ten catorce anos ou os cumpre antes do 31 de decembro de 2023 poderá facer a proba de clasificación dun idioma distinto ao cursado como primeira lingua na ensinanza obrigatoria no curso 2022-2023.

 

Validez das probas:

  • Os resultados son válidos para o curso no que se realizan as probas e o inmediatamente seguinte. Neste caso, os cursos 2023-2024 e 2024-2025.
  • As probas teñen validez en todas as Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia.

 

Distribuir contido