Organización

Faltas de asistencia dos menores de idade

Os pais, nais ou titores do alumnado menor de idade poden comprobar as súas ausencias ás aulas entrando en CentrosNet. Para acceder deberán introducir como "usuario" o número de expediente ou a data de nacemento e como "contrasinal" o DNI do/a menor (sen letra).

Tamén poden contactar directamente cos profesores/as no horario que estes teñen de atendimento ao público.

Descargue neste enlace as instrucións e o protocolo para entregar asinado na secretaría.

Presentación de candidaturas: Eleccións de membros do Consello Escolar Curso 2022-2023

No noso centro, segundo se recolle no Decreto 189/2010 polo que se establece o Regulamento Orgánico das escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia (D.O.G. do 19/11/2010) no artigo 16, procede renovar:

  • sete (7) representantes do profesorado
  • dous (2) representantes de pais/nais/titores
  • catro (4) representantes do alumnado

O prazo de presentacións de candidaturas terá lugar do 11 ao 18 de novembro. Preme nesta ligazón para descargar o impreso.

Eleccións de membros do Consello Escolar Curso 2022-2023

Ao abeiro da Resolución do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, o mércores 2 de novembro ás 13.30h na secretaría do centro realizouse o sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral. Véxase acta do sorteo na seguinte ligazón.

O día 7 de novembro quedou constituída a Xunta Electoral que velará polo correcto desenvolvemento do proceso de renovación do Consello Escolar. Consultar acta aquí.

Distribuir contido