Fomento á lectura

Lecturas recomendadas 2017/2018

Escanea o código QR da túa lingua e nivel e descubre as nosa lectura recomendado para este primeiro cuadrimestre!! A disfrutar lendo!!

Clubs de lectura 2017-2018

Vivir experiencias e aventuras diferentes resulta moi doado. Participa nalgún dos clubs de lectura que te propoñemos e non deixes de distrutar!!

Seguro que hai algún para tí tamén! Aproveita esta ocasión

La liste de mes envies no clube de leitura MjF 2.0

O venres 3 de xuño, ás 20h00 na biblioteca, dedicaremos a última reunión deste ano a comentar La liste de mes envies, de Grégoire Delacourt.

Publicado en 2012, trátase do segundo romance deste autor (Valenciennes, Norte de Francia, 1960) que se dedicou durante dúas décadas á publicidade antes de iniciar a carreira literaria. Unha obra que vendeu máis de un millón de exemplares en Francia, está traducida para 35 linguas e ten, desde 2014, unha versión cinematográfica. A súa protagonista é Jocelyne, ten 47 anos e está casada con Jocelyn. Viven nunha pequena cidade, teñen 2 fillos, e, de repente, ten a posibilidade de mudar todo na súa vida...

A reunión é aberta a toda a xente e na biblioteca hai exemplares en todas as linguas que se ensinan no centro.

 

Jesusalém de Mia Couto no Clube de Leitura MjF 2.0

Mia Couto non é unha muller. É un escritor mozambicano, mais é branco. É o mais internacional dos escritores mozambicanos.

Nacido en 1955, formouse como biólogo e compaxina esa actividade coa escrita literaria. A súa obra esténdese por máis de 25 títulos e está traducida en moitas linguas. O seu libro Terra Sonâmbula foi eleito un dos 12 mellores libros africanos do século XX, e gañou diversos premios literarios polo mundo fora, incluído o Prémio Camões de 2013, o máis importante do ámbito lusófono.

Por todo isto, a próxima reunión do clube de leitura da EOI de Vilagarcía vaise ocupar do seu romance Jesusalém (2009), unha historia sobre un rapaz que con 11 anos ve unha muller por primeira vez...

Será o venres 20 de maio ás 20h00 na biblioteca da escola. Como sempre, a reunión será aberta a toda a xente e están disponíbeis na biblioteca exemplares en todos os idiomas.

 

Like Life de Lorrie Moore no Clube MjF 2.0

O venres 22 de abril, ás 20h00 na biblioteca da EOI, terá lugar a reunión do Clube de Leitura Montag jeden Freitag 2.0 para discutir a obra Like Life, de Lorrie Moore. Na biblioteca da escola temos exemplares en todos os idiomas e a reunión é aberta a toda a xente.

Escritora de contos e romances nacida en 1957, Lorrie Moore é un dos nomes maiores da narrativa norte-americana actual. Like Life, publicado en 1990, é o segundo libro de contos da autora e recolle historias publicadas previamente en varias revistas, entre elas The New Yorker. Varios contos están ambientados na cidade de Nova Iorque, mais algúns outros sitúanse no territorio onde a autora vive hai anos e a que deu un papel central no conxunto da súa obra, o Midwest. Lorrie Moore escribe sobre xente viva, escura e divertida, na linguaxe do día a día, que ela eleva á condición de arte.

Maus, de Art Spiegelman, en Montag jeden Freitag 2.0

O venres 26 de febreiro, ás 20h00, teremos na biblioteca a reunión para conversar sobre a novela gráfica Maus, de Art Spiegelman.

Publicada en dous volumes, en 1986 e 1991 respectivamente, trátase dunha obra fundamental na evolución da banda deseñada como xénero. O autor narra, a partir das conversas con el, a vida de seu pai, un xudeu polaco, durante o ascenso, apoxeo e caída do rexime nazi. A demostración de que a banda deseñada non é so para nenos e que pode ser unha cousa seria.

A reunión é aberta a toda a xente e na biblioteca hai exemplares da obra en todas as linguas da escola.

Resultado das votacións e próxima reunión

As obras seleccionadas para seren lidas no último trimestre do ano nas votacións da semana pasada son as seguintes:

Lessico famigliare, de Natalia Ginzburg: 3 votos

Like life, de Lorrie Moore, Jesusalém, de Mia Couto, Perto do Coração Selvagem, de Clarice Lispector, e La liste de mes envies, de Grégoire Delacourt: 2 votos

As seguintes obras tamén recibiron 1 voto mais non resultaron escollidas:

Purple Hibiscus, de Chimamanda Ngozi Adichie, As mulheres do meu pai, de José Eduardo Agualusa; Il nero e l'argento, de Paolo Giordano; Hundraåringen som klev ut genom fönstret och försvann, de Jonas Jonasson; The subterraneans, de Jack Kerouac; Le bleu est une couleur chaude, de Julie Maroh;  e A wild sheep chase, de Haruki Murakami.

Pyongyang e votación no Clube de Leitura

 

O próximo venres 29 de xaneiro, o clube de leitura Montag jeden Freitag 2.0 vai ter unha nova reunión (20h00, na biblioteca, comme d'habitude). Esta vez repartiremos o tempo entre o debate e a votación das obras a ler no último trimestre do ano.

A obra en discusión será Pyongyang, de Guy Delisle, unha novela gráfica sobre a viaxe á Corea do Norte deste autor canadiano que escrebe en francés. Na biblioteca están disponíbeis exemplares en todas as linguas do centro.

Para a votación das seguintes obras a ler durante este ano, podes consultar aquí a lista actualizada de obras candidatas. Cada persoa ten que votar por dúas delas e é posibel efectuar o voto por e-mail através do enderezo biblio.eoivga@gmail.com indicando no asunto "votación Montag jeden Freitag". As mensaxes teñen que chegar antes da hora da reunión.

Pode ser útil para decidir o sentido do voto a visita ao sitio http://www.goodreads.com/

Nocturnes de Kazuo Ishiguro no clube de leitura

 
 

O venres 8 de xaneiro, ás 20h00 na biblioteca, terá lugar a primeira reunión de debate do clube de leitura, será sobre o libro Nocturnes, de Kazuo Ishiguro. Son cinco historias sobre música, crepúsculo e varias outras cuestións...

Na biblioteca podedes encontrar exemplares en todos os idiomas que se ensinan na escola. A asistencia á reunión é libre.

 

Montag jeden Freitag 2.0 E os gañadores son...

O resultado das votacións celebradas na semana pasada é o seguinte:

Pyongyang, de Guy Delisle: 5 votos

Nocturnes, de Kazuo Ishiguro e Maus, de Art Spiegelmann: 3 votos

A arte de voar, de Antonio Altarriba e Kim; Lessico famigliare, de Natalia Ginzburg e Perto do coração selvagem, de Clarice Lispector: 2 votos

As mulheres do meu pai, de José Eduardo Agualusa; Les ignorantes, de Étienne Davoudeau; La liste de mes envies, de Grégoire Delacourt; Rocky & Hudson e outras histórias, de Adão Iturrusgarai; Hundraåringen som klev ut genom fönstret och försvann de Jonas Jonasson; The subterraneans, de Jack Kerouac; Le bleu est une couleur chaude, de Julie Maroh; The love of a good woman, de Alice Munro e A wild sheep chase, de Haruki Murakami: 1 voto.

Distribuir contido