Cursos de linguaxe administrativa galega e preparatorios para os CELGA 2023 - 2024

A consellería competente en materia de educación publica cada ano a correspondente convocatoria para a celebración, con carácter gratuíto, de cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, CELGA. 

  • Os cursos de linguaxe administrativa galega realízanse en liña e teñen unha duración de 75 horas.
  • Os cursos preparatorios para os certificados CELGA teñen unha duración de 60 horas lectivas.

As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega, que estará activo nos seguintes prazos establecidos para a presentación das solicitudes:

  • Cursos do 1º cuadrimestre: do 3 ao 14 de xullo de 2023
  • Cursos do 2º cuadrimestre: do 13 ao 24 de novembro de 2023

Os prazos de presentación de solicitudes, o procedemento e demais detalles, inclúense na resolución da convocatoria Resolución do 13 de xuño de 2023.