Club Ink and insights - nivel C

A lectura do segundo trimestre do Club Ink and insights é a obra de Nora Ephron I feel bad about my neck.

Clica en Ler máis para ver o calendario e organización. 

O calendario de sesións para este club é o seguinte: Febreiro e marzo 2024

                        • Do 9 ao 22 de xaneiro de 2024: Inscrición en liña
                        • Semana do 29 de xaneiro ao 2 de febreiro: Xornada para presentar o libro e organizar as dúas seguintes sesións.
                        • Semana do 19 ao 23 de febreiro: Sesións de mañá e tarde para debatir o libro e organizar o produto final do club.
                        • Semana do 11 ao 15 de marzo: Sesións de mañá e tarde para concluír o libro e rematar de elaborar o produto final do club.

Haberá dúas sesións mensuais: unha en horario de mañá e outra de tarde na mesma semana do mes (mércores de 16.15h a 17.15h e xoves de 11.30h a 12.30h).

Estas datas poderán sufrir modificacións dependendo das necesidades do centro.

Para levar a cabo o club será preciso contar cunha participación mínima de 5 persoas por sesión (incluído aquí tamén o alumnado matriculado noutras linguas do centro no curso 2023-24, ex-alumnado e outros membros da comunidade educativa). A participación será por estrita orde de inscrición tendo preferencia para participar o alumnado de inglés do 2023/24. Non se establece número máximo de participantes. Inscríbete aquí: https://forms.gle/v6FQdujSSjpoCaLu5

Se queres consultar algo de información sobre o libro, bota un ollo a este artigo de prensa: https://www.nytimes.com/2006/08/20/books/review/20Schillinger.html