Prazos de matrícula curso 2023-2024

As persoas que continúan estudos:

Do 19 ao 30 de xuño ás 12.00 do mediodía:

  • Para quen: Alumnado oficial de cursos de promoción e de certificación APTO na convocatoria ordinaria de xuño de 2023. inclúese o alumnado de "That's English!" APTO na convocatoria ordinaria de xuño de 2023 que queira pasar ao ensino oficial, presencial ou semipresencial, no curso 2023-2024 (deben contactar coa secretaría da escola previamente).
  • Donde: na web de CentrosNET, acceso mediante usuario rexistrado.
  • Como: realizar o proceso en liña e presentando a documentación a través da aplicación Centrosnet ou na secretaría do centro.

Do  3 ao 7 de xullo ás 12.00 do mediodía:

  • Para quen: Alumnado oficial de cursos de promoción e de certificación APTO, NON APTO ou NON PRESENTADO na convocatoria extraordianaria de xuño de 2023. Inclúese o alumnado de "That's English!" da convocatoria extraordinaria de xuño de 2023 que queira pasar ao ensino oficial, presencial ou semipresencial, no curso 2023-2024 (deben contactar coa secretaría da escola previamente).
  • Donde: na web de CentrosNeT, acceso mediante usuario rexistrado.
  • Como:realizar o proceso en liña e presentando a documentación a través da aplicación Centrosnet ou na secretaría do centro.

As persoas que inician ou retoman estudos e deben preinscribirse:

  • Para quen: Persoas que se matriculan por vez primeira nunha lingua, ou que retoman estudos interrompidos o curso pasado. Persoas que renunciaron á matrícula ou lles foi anulada no curso 2022-2023. Persoas procedentes doutra escola oficial de idiomas.
  • Donde: na web de preinscrición www.eoidigital.com/preinsxunta, a primeira vez que acceden deberán rexistrase.
  • Como: realizar o proceso en liña e presentando a documentación a través da aplicación ou na secretaría do centro. Consulte a información sobre preinscrición.
  • Cando:
    • Deben preinscribirse do 26 de xuño ao 9 de xullo.
    • Deben matricularse, caso de obter praza no sorteo do 10 de xullo, do 11 ao 21 de xullo ás 12.00 do mediodía:

Cursos monográficos e de destrezas:

 Para os do primeiro cuatrimestre: do 1 ao 8 de setembro na secretaría do centro.

Derradeiro prazo de matrícula:

Do 28 de agosto ao 8 de setembro,

  • Persoas que non se matricularon nos prazos anteriores, se hai prazas libres. Ata completar grupos nesta ligazón.
  • Teña en conta que debe presentar documentación xustificativa do acceso diferente ao primeiro curso do idioma escollido.