Tipoloxía de cursos no 2023-2024

Cursos ordinarios

Presenciais: Consisten en dúas sesións semanais de dúas horas cada unha. 120 horas anuais.

  • Alemán
  • Francés
  • Galego
  • Inglés
  • Italiano
  • Portugués

Semipresenciais: Unha sesión semanal presencial de dúas horas, combinada con traballo individual na aula virtual. 120 horas anuais. Ampliar información.

  • Inglés B2.1 e B2.2

A distancia That's English!: Unha titoría semanal de hora e media, combinada con traballo individual. A asistencia á titoría non é obrigatoria. 120 horas anuais. .

  • Inglés de A1 a C1

Comprobe a oferta educativa de cursos ordinarios.

 

OUTROS CURSOS

Cursos monográficos de destrezas

Enfocados á práctica e mellora das destrezas comunicativas. Dúas sesións semanais de dúas horas. Total de 60 horas nun cuadrimestre. Certificado ao finalizar.

Primeiro cuadrimestre

  • Alemán B2
  • Inglés B2 e C1
  • Curso de preparación de certificación libre C1 galego

Matrícula: do 1 ao 8 de setembro na secretaría do centro.

Segundo cuadrimestre

  • Alemán A2

Matrícula: pendente de confirmación

Ampliar a información.

 

Cursos CELGA

Cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, poden ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos, ou aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen preparar as probas convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para certificar a súa competencia en lingua galega.

Cursos cuadrimestrais, 60 horas de duración.

Impartiranse cursos preparatorios para o nivel CELGA 4

Documentación a entregar unha vez adxudicada a praza:

- Fotocopia do DNI ou NIE (non necesarias se xa estudaron nesta escola)

- Certificado de discapacidade, de ser o caso.

A realización deste curso non dá dereito a ningún certificado por tratarse dun curso  preparatorio  para as probas conducentes á obtención do certificado de lingua galega Celga, cuxa expedición lle compete á Secretaría Xeral de Política Lingüística.

As datas de de inicio e remate destes cursos que figuran no Anexo I da Resolución son orientativas. As datas concretas publicaranse no taboleiro de anuncios da escola oficial de idiomas en que terá lugar e na páxina web do centro.

Consulte a información.

 

Cursos de linguaxe administrativa

Cursos, con carácter gratuíto, de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior en liña de 75 horas.

Dirixidos aos empregados/as públicos/as da Administración autonómica, da Administración local e da Administración periférica do Estado na Comunidade Autónoma de Galicia, exceptuando o persoal docente da Consellería Cultura, Educación e Universidade e o persoal sanitario, non entendendo por tales os empregados públicos da escala de saúde pública e da administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Toda persoa solicitante deberá encontrarse en situación de servizo activo, permiso por parto ou maternidade, adopción ou acollemento, ou ben en excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou dun/dunha familiar; aquela que ao inicio do curso se atope en situación de baixa laboral por incapacidade temporal quedará automaticamente excluída da listaxe do persoal seleccionado.

Para acceder ao curso medio de linguaxe administrativa os/as aspirantes deberán estar en posesión dalgún dos certificados seguintes: Celga 4, cursos de iniciación e perfecionamento de lingua galega, curso básico de linguaxe administrativa galega, curso básico para o persoal da Administración de xustiza ou curso básico de linguaxe administrativa sanitaria.

Poderán tamén solicitar a realización destes cursos as persoas maiores de dezaseis anos que non sexan empregados/as públicos/as e posúan os certificados ou acreditacións requiridos para o nivel. Neste suposto só se poderá optar ás prazas ofertadas para cada curso no caso de que estas non sexan cubertas por empregados/as públicos/as.

Impartiranse curso de nivel medio e superior.

Documentación a entregar unha vez adxudicada a praza:

No prazo establecido no punto cuarto desta Resolución, o alumnado seleccionado deberá entrar de novo na aplicación para presentar a seguinte documentación:

- Unha copia do DNI ou NIE (esta non será necesaria se a persoal xa foi alumna desta escola)

- O xustificante de ser persoal das diferentes administracións púglicas de Galicia en situación de servizo activo ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou dun/dunha familiar.

- Certificado de discapacidade, de ser o caso.

- Para o curso medio de linguaxe administrativa, algún dos certificados establecidos no número 3 do punto décimo desta resolución.

As listaxes de persoas admitidas serán remitidas á coordinación dos cursos para a inclusión do alumnado nas respectivas aulas virtuais. Estas listaxws deberán incluir os seguintes datos: apelido 1, apelido 2, nome, DNI, correo electrónico e teléfono de contacto.

Datas de realización dos cursos 1. Os cursos do primeiro cuatrimestre comezarán o día 2 de outubro de 2023 e rematarán o 3 de decembro de 2023.

Consulte a información.

 

Cursos CALC (formación do profesorado)

Novos cursos específicos de formación do profesorado enfocados nas destrezas comunicativas.

  • Niveis B2 e C1 de inglés.
  • Nivel C1 de galego.
  • 60 horas durante o segundo cuadrimestre.

Matrícula específica unha vez publicada a convocatoria.