Documentación a entregar coa matrícula

Vexa a documentación que debe entregar xunto coa matrícula, en función da súa situación.

 LEMBRE: NON SE RECOLLERÁ NIN CONFIRMARÁ NINGUNHA MATRÍCULA COA DOCUMENTACIÓN INCOMPLETA

Alumnado novo:

  • Fotocopia do D.N.I./N.I.E.
  • Fotografía tamaño carnet, recente.

Todo o alumnado, segundo proceda:

Alumnado menor de idade:

  • O pai, a nai ou os titores legais do alumnado menor de idade deberán completar este documento e entregalo na secretaría da Escola, ou envialo ao enderezo eoi.vilagarcia@edu.xunta.gal. Inclúe o protocolo para o seguimento da asistencia ás aulas dos menores a cargo.
  • Se ademáis son menores de 16 anos, deberán presentar orixinal ou fotocopia compulsada da documentación que acredite a primeira lingua estranxeira cursada no réxime ordinario no presente curso escolar: Anexo IV da RESOLUCIÓN do 16 de maio do 2023.

Cando proceda:

  • Alumnado procedente doutras Escolas Oficiais de Idiomas: para proceder ao traslado de expediente, deberán presentar un certificado de estudos expedido pola EOI onde estivo matriculado por última vez.
  • Alumnado de acceso directo: copia da titulación que da acceso ao nivel.