Oferta semipresencial na EOI Vilagarcía

Este próximo curso 202-2024 mantemos a oferta educativa en semipresencial. 

Mantéñense en inglés os cursos B2.1 e B2.2. 

Que supón a ensinanza semipresencial?

Nun curso semipresencial, que equivale á totalidade de horas do curso presencial, a metade da docencia impártese nunha única sesión semanal de dúas horas, onde se traballa un enfoque comunicativo orientado principalmente ás destrezas de produción e mediación orais. A outra metade da carga lectiva desenvólvese na aula virtual, onde o alumnado traballa e prepara as diferentes actividades de lingua de xeito autónomo, co apoio e orientación do profesorado. Para esta modalidade non é necesario libro de texto pois o material de aula foi creado especificamente para estes cursos por profesorado da EOI.

 Como sei se a modalidade semipresencial é para min?

Esta modalidade de docencia require por parte do alumnado un alto grao de autonomía como aprendiz de lingua, así como coñecementos de informática, para poder desenvolverse no ensino virtual.

Se accedes ou promocionas ao nivel, e estás interesado/a nesta nova modalidade de ensino, animámoste a que consultes os Consellos para ter éxito no ensino semipresencial.

Se tes dúbidas contacta coa eoi.vilagarcia@edu.xunta.gal. 

 

 

AdxuntoTamaño
Semipresenciais EOI Vilagarcía 2023.png119.42 KB