Presentación de candidaturas: Eleccións de membros do Consello Escolar Curso 2022-2023

No noso centro, segundo se recolle no Decreto 189/2010 polo que se establece o Regulamento Orgánico das escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia (D.O.G. do 19/11/2010) no artigo 16, procede renovar:

  • sete (7) representantes do profesorado
  • dous (2) representantes de pais/nais/titores
  • catro (4) representantes do alumnado

O prazo de presentacións de candidaturas terá lugar do 11 ao 18 de novembro. Preme nesta ligazón para descargar o impreso.

Os censos electorais poden consultarse na secretaría do centro en horario de atención ao público, e o prazo de reclamacións ao censo será até o 17 de novembro cubrindo unha instancia xeral e presentándoo no mesmo rexistro do centro.