Skip to Content

Resultados enquisa competencia dixital e PLE

 

En marzo do 2023 presentamos unha enquisa ó Claustro para facer unha diagnose moi cualitativa da nosa competencia dixital e valoración do PLE xeral do profesorado da Cachada. Participaron 20 das 28 compañeiras, e estes son os resultados.

 


 

A primeira sección de preguntas dá conta do emprego das ferramentas TIC na aula

 

  1. Interactúas co EDI/panel dixital de maneira consistente aproveitando as súas utilidades (subliñador, rotafolios)?


  1. Está a túa aula virtual actualizada e presenta unha organización clara e intuitiva?



  1. Empregas recursos en liña para fomentar o traballo colaborativo (foros, Padlet) e consolidar os contidos (Quizlet)?

 




  1. Empregas recursos TIC axeitados e pertinentes ó tema que contribúen ó logro dos obxectivos de aprendizaxe?




  1. Aproveitas as TIC para ofrecer actividades en distintos soportes (visual, auditivo) atendendo á diversidade na aula?




  1. Creas os teus propios materiais adaptados ás necesidades do teu alumnado?




 

  1. Dás información con consignas claras sobre o manexo dos recursos e ferramentas ó alumnado fomentando a autonomía?

 

 

  1. Sintes que o teu alumnado está familiarizado/a coa aula virtual como ferramenta de cabeceira?

 



 

  1. Sintes que o teu alumnado está máis motivado/a grazas ós recursos dixitais que empregas?

 Cales dirías que son os recursos dixitais que MÁIS motivan ó teu alumnado?

 

  • Recursos interactivos e grupais, como un kahoot por exemplo

  • Deseño 3D, ChatGPT, programas de simulación, canvas, podcast, Kahoots, Google classroom (comunicación), presentacións

  • Recursos audiovisuais

  • Non destaco ningún. Todos motivan ao alumnado cando non son empregados en exceso e se selecciona o momento de uso na aula

  • Cobos tipo reto

  • Presentacións

  • Vídeos

  • As probas de moodle de uso ilimitado para practicar

  • Actividades interactivas e de escoita e cuestionarios

  • A búsqueda de información no seu mobil, a gamificación relacionada cos contidos

  • Non o sei

  • Redes sociais

  • Kahoots, aplicacións de contador de tempo para aplicar técnicas de gamificación e recursos audiovisuais como vídeos

  • Xogos como Kahoot ou Quizziz

  • Aqueles que impliquen usar o móbil na aula

  • Creo que as que máis os motivan non son as de máis rendemento pedagóxico. En xeral, o que lles interesa é xogar, e non reparan en que exista retorno do aprendido.

 

Cales dirías que son os recursos dixitais que MENOS motivan ó teu alumnado?

 

  • Os recursos mais pasivos como vídeos

  • Procesadores de texto e folla de cálculo

  • Os foros

  • A aula virtual, xa que está desfasada, é pouco práctica e intuitiva. A interface, pese a tela personalizada, non resulta atractiva para o alumnado

  • Ficheiros tipo apuntes colgados na aula virtual

  • Cuestionarios en liña

  • Tutoriais

  • As actividades de gramática e vocabulario de libro dixital

  • Os vídeos moi longos, non máis de 10 minutos.

  • Moitos prefiren facer á man os traballos cando teñen a opción de entregalos pola aula virtual

  • A aula virtual

  • Apuntamentos en pdf nunha aula virtual terrible como o é Moodle



 


 

O segundo bloque de preguntas ten que ver co Espazo Persoal de Aprendizaxe (PLE): conxunto de ferramentas, fontes de información, conexións e actividades que cada persoa utiliza habitualmente para aprender.

Grazas á tecnoloxía, temos acceso a un sinfín de repositorios de información, materiais, aplicacións e comunidades dixitais. O reto actual é identificar cales son realmente útiles para nós, cales son fontes de información fiables, con que ferramentas nos sentimos cómodas traballando e cales comunidades nos proporcionan valor para seguir aprendendo.

Seleccionar estes elementos, concentralos e organizalos nunha mesma imaxe ou documento, pode ser moi útil para ter en conta todos os recursos que persoalmente nos funcionan e mellorar o noso proceso de aprendizaxe.

Para facer a enquisa baseámonos nesta proposta de @appsparaprofes, Andrea Oviedo:

 

Cales das seguintes ferramentas de BUSCA en internet empregas?

 

Outro: blogs específicos da materia e repositorio Abalar

 


 

 

Cales das seguintes ferramentas de ORGANIZACIÓN de contidos empregas?

Outro: Evernote

 


 

 

Cales das seguintes ferramentas de COLABORACIÓN de contidos empregas?

 

 

Cales das seguintes ferramentas de CREACIÓN de contidos empregas?

Outro: Banco preguntas Moodle

 


 

 

Cales das seguintes ferramentas de PUBLICACIÓN de contidos empregas?

 

 

 

Cales das seguintes ferramentas de COMUNICACIÓN empregas?

Outras: Twitch, Slack, Abalar

 

 


 

 

Cales das seguintes ferramentas de XESTIÓN DE AULA empregas?

Outras: Empregaría outras de ter a autorización de inspección para o seu uso na aula, Additio



blog | by Dr. Radut