Skip to Content

Hora de Ler

Volve a Hora de Ler!

Como cada curso, volve a Hora de Ler!

A Hora de Ler é unha iniciativa que promove a lectura libre, individual e silenciosa durante o todo o curso escolar de forma repartida e equitativa. Se queres saber máis,  consulta a Guía da Hora de Ler.

Xa temos dispoñible o seu horario, consúltao para non esquecerte do teu libro.

 

A disfrutar da lectura!

HORA DE LER.png

HORA DE LER

 

Comprácenos comunicarvos que o próximo luns 19 de setembro a 1º hora comezamos coa Hora de Ler, unha das iniciativas que recollemos no PLAMBE.

A Hora de Ler consiste nunha hora de lectura totalmente libre (o alumnado lerá o libro e xénero que queira), sen pedirlle ningún tipo de actividade sobre a mesma. Para o alumnado que esqueza traer o seu libro da casa, o profesorado pode procionarlle lecturas (libros, artigos, revistas...) ou mandarlle escribir un relato seguindo unhas indicacións que daremos cada semana.

Cada semana a Hora de Ler cadrará nunha hora de clase diferente, empezamos o vindeiro luns a primeira hora, para a semana seguinte será o luns a segunda hora, para o próximo o luns a terceira e así sucesivamente ata final de curso: 

Se tes algunha dúbida, consulta a Guía da Hora de Ler.

Non esquezades traer os vosos libros, e se queredes probar novas lecturas,  pasádevos pola biblioteca.Guiño

Distribuir contido


by Dr. Radut