Skip to Content

Blog Tecno

Blog Tecno

Semana de Leonardo. Deseño e construción de proxectos sostibles

Este 2º trimestre o alumnado de Tecno de 2º ESO, adicou o  proxecto de taller ó polímota florentino Leonardo da Vinci e así adentrarnos na súa labor de enxeñería. O 15 de abril ( día da Arte), co motivo do nacemento deste xenio do Renacemento, adicaremos a Semana de Leonardo do 17-21 de abril a expoñer traballos de varios departamentos: Plástica, Xeografía e Historia e Tecnoloxía.

O alumnado de 2° deseñou e construíu de 11 modelos de minicúpulas, estruturas tridimensinais con bastóns de madeira 114x10 mm (a unidade repetitiva ten 4 marcas) que se sosteñen mutuamente sen necesidade de clavos ou parafusos. Segue a ficha de traballo 1 e ti mesmo podes xogar e facer o teu propio modelo de cúpula na casa. Tamén contruirán un modelo xigante de cúpula no hall do centro, encargamos 100 pezas de madeira laminada 500x 50 mm e que faremos participar á todo o alumnado do centro.

Así mesmo seguindo a seguinte ficha de traballo 2, o alumnado de 4º de aplicadas deseñou e construíu unha ponte autoportante de troncos de pino tratados para exterior de 110 e 90 cm, doados por FINSA, tamén con marcas (3 nos troncos de 110 cm) que encaixarán perfectamente e que que nos permitirá seguir impulsando a nosa idea de proxectos sostibles.

Déixovos algúns dos traballos.

Modelo 8

Modelo 1

Modelo 5

Modelo 10

Modelo 11

Modelo 9

Modelo 4

 

AUTOPSIA TECNOLÓXICA: Desmontando televisores LCD

O alumnado de 4º de Tecno aplicadas, adicáronse este trimestre a desmontar sistemas de comunicación: televisores, radios e teléfonos fixos.

Deixovos o vídeo do traballo de grupo que fixo Carol de 4ºD.

 

20 outubro 2022: Premio EducaCompostela ó proxecto BoiHaus

Ana Moreiras e Mariano Muñiz recolleron o 1º premio Educacompostela creado polo Concello de Santiago e Nova Escola Galega. O xurado valorou que o noso proxecto de arquitectura sostible Boihaus era merecedor do galardón polo seu "compromiso cívico e colóxico, a metodoloxía interdisciplinar (replicable noutros centros) e a integración na praxis educativa das ferramentas TIC".

A comunidade educativa enteira estamos moi contentos e agradecidos.

Novembro 22: "O virus do Mundial"

Coa ansia que espertou o Mundial '22, moitas persoas entraron en links descoñecidos para ver os partidos. E pasou o que sempre adevertimos na materia de TIC: roubos de identidade, virus... Esta é a infografía que fixo Paula Oubiña, de 4º.

 

A SEGURIDADE NA REDE - Yana Araujo

Vos deixo aqui o meu traballo em portugués e um video em youtube sobre a seguridade na rede que é fundamental para protegerse contra os malwares e impedir actividades e acesos non autorizados.

 

Ángel Triñanes fálanos de Videoxogos

Porque o "Stary" non se merecía ningún dos premios que gañou. A idea é moi boa o desarrollo non. Había xogos moito mellores para ganar o premio de "indie do ano" e "xogo de debut". A parte non é un videoxogo, todo está automatizado e non podes disfrutar de ser un gato. O concepto era bo, non a realización, si fose un videoxogo e non unha automatización sería un bo xogo.

Distribuir contido


by Dr. Radut