Skip to Content

Blog Tecno

Blog Tecno

Día da Ciencia. Charla de bioconstrución 1° ESO.

Celebramos o Día da Ciencia este martes nun evento que tivo lugar no Pazo de Goiáns, onde se exhibiron un amplo catálogo de actividades científicas e tecnolóxicas propostas dende o instituto A Cachada e o IES Espiñeira. Nos obradoiros no que participaron parte do noso alumnado de Tecno incluimos varios temas: como a enerxía (de onde vén, como ista non vai durar sempre, o seu aforro e a inexistencia dun planeta B) así como unha charla para o alumnado de 1° ESO sobre a restauración da Torre do Pazo de Goiáns, feita baixo criterios de bioconstrución, que correu a cargo do arquitecto municipal de Boiro, Emilio Piña.

 

 

 

Unha aventura aérea

Desde o dpto de Tecnoloxía invertindo tempo en que os nosos cativ@s voen alto e sumen vocacións. Visita á Aula Newton para participar na actividade “Volamos con números: unha aventura aérea” o que lles permitiu achegarse a equipos de simulación de vuelo.

Test de Kolb

Logo de ver os vídeos de Mi empleo mi futuro, saberás que o máis importante que podemos facer como humanos é complementarnos. De acordo co modelo do teóricos da educación David Kolb, aprendemos mellor cando nos combinamos con xente diferente. Para el, existen catro capacidades básicas: experiencia concreta (EC); observación reflexiva (OR); conceptualización abstracta (EA); e experimentación activa (EA).  Queres saber cal é o teu forte? Pincha aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut