Skip to Content

Mundiapícula ano 2018/2019

Mediante un contrato-programa, botamos a andar un novo proxecto no IESP A Cachada, MUNDIAPICULA. Parte do EDL e é multidisciplinar, procurando a implicación dunha gran parte da comunidade escolar e a inclusión das familias nas actividades que se desenvolvan. Ten como principal obxectivo a consecución das competencias clave, así como pasalo ben e seguir fomentando o bo clima de traballo e de relacións que temos no noso centro.

Como ben di o título, é un proxecto que xira en torno ás abellas e ó mel, abranguendo todos os aspectos relacionados con este mundo e tratado dende as diferentes materias.

Cremos que o noso alumnado debe aprender a investigar coas matemáticas e para iso debemos crear un ambiente de especulación matemática como elemento clave na aprendizaxe; así mesmo, debemos deixar que o noso alumnado sexa o protagonista da súa propia aprendizaxe, construíndoo e, ademais, priorizando o traballo práctico e oral e a comprensión, primando a competencia fronte á acumulación.
 
No blog Mundiapicula podedes ver o traballo feito desde cada departamento. Ademais, temos unha lista de distribución de Youtube na que penduramos os vídeos que se foron montando para visibilizar os traballos elaborados.


page | by Dr. Radut