Skip to Content

O club do antifás

20 de decembro do 2022. Curta sobre a caída do internet.

O alumnado do club do Antifás realizou, o pasado martes, unha pequena curta sobre a caída do internet, e por consecuente, da economía. Esta curta foi realizada coa axuda da experta en cine Sara Hermo e o especialista en efectos especiais Xurxo Nine. O vídeo grabouse coa axuda de alumnado de primeiro, segundo e cuarto.

Candela Tubío informa.

Cda 20

O curso 2019/20 truncouse en marzo pola aparición da COVID e non deu tempo a rematar proxectos ben bonitos. Algúns estaban destinados a traballar os contidos do Erasmus (ecoactivismo) e outros a proxectos do EDL. Con todo, e grazas ó enorme esforzo dalgún alumnado implicado, sacáronse adiante 3 pezas marabillosas. A primeira reflicte unha actividade do Erasmus na que se produciu un encontro entre alumnado e asistentes ó Centro de Día. Montouna o realizador boirense Pablo Chouza. A segunda foi creada para o concurso Lingua Rodada, e con ela fomos finalistas. A terceira foi pensada para o Erasmus e enviada ó concurso A senda dos Faros (Consellería de Política lingüística). 

 

Configuración de equipos de traballo Extraescolar

Logo de que o alumnado cubra a enquisa de participación nas actividades Club de Ciencia, Erasmus GNS, Club do Antifás e Equipo Extraescolares, o reparto de grupos e profesorado a cargo queda como segue:

 

Curta sobre as Fake News

Esta curta foi creada para explicar o impato das Fake News ou noticias falsas na nosa sociedade. فوائد الصبار Este vídeo foi realizado durante o club do Antifás polos alumnos e alumnas: Alicia Piñeiro Muñiz, Aitana Lojo Romero, Brais Godón Vázquez e Lucía Fernández Casais de 3ºD e por Rubén Pérez de 4ºA.  A traducción estivo da man de Alicia Piñeiro e Lucía Fernández. Esperemos que vos guste.

 

Carballo Interplay 2019

O pasado venres 5 de abril o alumnado do obradoiro audiovisual CdA fomos a Carballo participar na programación do Festival de Contidos Dixitais CIP 2019. Coñocimos diferentes experiencias de Youtubers e escoitamos unha charla sobre mulleres desarrolladoras de videoxogos na historia. 

Sobre todo, gustáronnos un mazo as web series da tarde. Fotos da xornada

 

CIP 2019

Distribuir contido


by Dr. Radut