Skip to Content

Blog Tecno

Blog Tecno

O vómito de Deva contra a COP 25

O pasado venres 13 de decembro o noso alumnado organizouse para adherirse á plataforma #Fridaysforfuture. Comezaron as súas mobilizacións cunha instalación chamada "O vómito de Deva" (coordinada por Flor de Tecno) na que denunciaban o mediocre devir e escaso resultado do cume COP 25. A súa voceira, Rita Dosil de 4ºESO, pronunciou un discurso no que se queixou da "falta de acordos, o eurocentrismo e a hipocrisía política" e logo procederon a un minuto de silencio. Nun panel de cortiza foron escribindo conceptos que interpretaron a partir das lecturas de Eldiario.es nas aulas de Tecnoloxía. O resumo final, venres 20 de decembro, foi:

  • Moi cerca do fracaso total, a COP25 conseguiu un acordo de mínimos para adoptar medidas urxentes contra o quencemento global.
  • Hai países que dificultaron chegar a consensos: Brasil, India, China e EEUU.
  • Non se logra regular o mercado de emisións para evitar o "fraude do Artigo 6"

 

O vómito de Deva contra a COP 25

PECHE DA #CASIÑA_MAIOS POR ESTE CURSO

O xoves 13 de xuño, convocamos á prensa para contar o noso proxecto de Bioconstrución "A Casiña dos maios", que neste segundo ano tivo por obxecto rematar a obra, instalarlle luz, facer un seguimento de temperatura e humidade e crear unha zona saudable circundante a través dun sementeiro e un domo-invernadoiro con rego automático.

Fixéronse eco da nova A Voz de Galicia, Diario de Arousa, Faro de Vigo e o programa A Revista da TVG, emitido en directo o sábado 15 ás 12:00h, a onde fomos con 2 representantes do Club de Ciencia: Lara Calo e Mario Outeiral.

Neste vídeo contámosvos o traballo destes 2 anos. Difundídeo!

 

Mbot (subtitulado)

Un pequeno titorial de uso do robot Mbot feito e subtitulado en clase

Distribuir contido


by Dr. Radut