Skip to Content

HORA DE LER

 

Comprácenos comunicarvos que o próximo luns 19 de setembro a 1º hora comezamos coa Hora de Ler, unha das iniciativas que recollemos no PLAMBE.

A Hora de Ler consiste nunha hora de lectura totalmente libre (o alumnado lerá o libro e xénero que queira), sen pedirlle ningún tipo de actividade sobre a mesma. Para o alumnado que esqueza traer o seu libro da casa, o profesorado pode procionarlle lecturas (libros, artigos, revistas...) ou mandarlle escribir un relato seguindo unhas indicacións que daremos cada semana.

Cada semana a Hora de Ler cadrará nunha hora de clase diferente, empezamos o vindeiro luns a primeira hora, para a semana seguinte será o luns a segunda hora, para o próximo o luns a terceira e así sucesivamente ata final de curso: 

Se tes algunha dúbida, consulta a Guía da Hora de Ler.

Non esquezades traer os vosos libros, e se queredes probar novas lecturas,  pasádevos pola biblioteca.Guiño

AdxuntoTamaño
Guía hora de ler alumnado.pdf966.95 KB
HORARIO HORA DE LER - 22-23.pdf214.36 KB


story | by Dr. Radut