Skip to Content

Futuro de indicativo

O CdA 2011/12 foi moi completo en canto a proxectos. Aquí vos deixamos mostras audiovisuais de cada un: 

 

1. Resumo xeral do proxecto Futuro de Indicativo

 

2. A nosa colaboración coa ONGD ConTacto, para a que organizamos un pequeno curso de alfabetización e cultura xeral, impartido polo noso alumnado a inmigrantes. O proxecto (Encontros multiculturais coa ONGD CONTACTO) levou o 2ºpremio Innova GSD

3. A nosa participación no campus vivencial EduEmprende, proxecto de emprendemento social creado por Promove Consultoría e financiado, como piloto, pola Consellería de Industria

EDUEMPRENDE from CAMPUS VIVENCIAIS on Vimeo.

4. Atréveste? Curta de ficción na que reflexionamos sobre o noso sistema educativo. Foi feita en base á nosa participación no Programa de recuperación de pobos abandonados do Ministerio de Educación, co cal viaxamos a Granadilla, Cáceres

 

5. A aldea fala, curta documental sobre as aldeas extremeñas onde se mantén a variante dialectal do galego "a fala"

 



page | by Dr. Radut