Skip to Content

A construcción dunha viaxe

Durante o curso 2009-2010, unha veintena de alumnos e alumnas de 3º ESO do IES A Cachada decidiron adicar parte do seu tempo libre a preparar conxunta e democráticamente unha viaxe a un país francófono; ao final foron dous países: Francia e Bélxica. Este proxecto foi coordinado polos Departamentos de Francés e Tecnoloxía.

Nesta presentación podedes ver os detalles do proxecto.

Este proxecto consistiu na organización dunha viaxe á Europa francófona (París, Lille e Bruxelas) a través das ferramentas TIC: a localización e planificación das visitas; a xestión de reservas en museos e aloxamentos; o orzamento; a gravación e edición das reportaxes; a avaliación. 
Todo o proceso foi artellado en torno a unha páxina web na cal constaban as instrucións, ferramentas e fases de elaboración; velaiquí o sitio do proxecto.
Na seguinte presentación podedes ver un resumo da filosofía de Francachadonia, traballo elaborado coordinadamente polos Departamentos de Francés e Tecnoloxía:

Eis a evolución do seu traballo na web do proxecto: Francachadonia

Queredes ver como foi a viaxe? Premede aquí para ver o video.

 Tras a viaxe, fixemos unha avaliación conxunta da mesma e gravámola en video. Disfrutade das conclusións dos cativos!



page | by Dr. Radut