Skip to Content

O Equipo da Patela dos libros

 

 

A Patela dos Libros conta, neste curso 23/24 con un equipo formado por:

>> Un grupo de profas/es que dinamizan o seu funcionamento. Este curso está formado por:

- Alba   (Coordinadora, XH)

- Rosalía  (LI)

- Gloria  (BX)

- Xabier  (EF)

- Ángeles  (Rel)

- Carmen  (LG)

- Nazareth (LC)

- isabel (LC)

 

>> Coma noutros anos, tamén durante este curso, contamos cun grupo de alumnas e alumnos voluntarios para axudar nas tarefas da biblioteca; grupo que pode variar ao longo do curso debido a novas incorporacións!

Este ano, a familia de voluntrios medra considerablemente, o que nos fai sentir moi moi orgullosos. Iniciamos o curso contando coa axuda de: Andrea, Candela, Ismael, Manuel, Adrián, Inés, Paula, Ainhoa, Sara, Irene, Sarai e Adriana.

Durante os recreos, mediante o horario que eles  organizaron, estes voluntarios están na biblioteca para axudar a todos, profes e alumnos, a:

  • Manter a orde na biblioteca.
  • Actualizar os préstamos e devolucións no programa Meiga.
  • Dar de alta novos lectores no programa Meiga.
  • Buscar títulos, autores e libros nos estantes.
  • Tomar nota de todas as incidencias.
  • ... e moitas cousas máis!

Dende aquí xa lles queremos dar as GRAZAS Guiño!

Se che apetece formar parte do equipo de biblioteca, non dubides en achegarte e preguntar! estaremos encantados de acollerte Risa

 

1.png


story | by Dr. Radut