Skip to Content

PRAZOS DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO

*** O alumnado de 6º de primaria, que xa fixese a reserva de praza (centros adscritos), NON DEBE facer a solicitude de admisión.

-------------------------------------------

Para solicitar praza no IESP A Cachada, o ALUMNADO NOVO deberá entregar a súa solicitude entre o 11 e o 18 de maio.

 

Existen DOUS SISTEMAS para facelo:

 

a) VÍA TELEMÁTICA. A través da sede electrónica. A aplicación permanecerá aberta do 11 ao 18 de maio.

b) PRESENCIAL, PREVIA CITA (L-V 10h-14h no teléfono do centro). Deberán presentar no centro estes dous formularios (ANEXO II e ANEXO II bis) debidamente cuberto. Por favor, imprímano e cúbrano previamente para reducir os tempos no centro e as posibles exposicións ao virus COVID-19.

 

DOCUMENTACIÓN A APORTAR (fotocopia e orixinal para cotexo)

  • Solicitude segundo o Anexo II e Anexo II bis.
  • Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a.
  • Certificado oficial do expediente académico.
  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso.
  • Outra documentación.

COMPROBACIÓN DE DATOS

Os datos do/a proxenitor/a (solicitante ou representante) relacionados a continuación serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos seguintes documentos.

  • DNI ou NIE.
  • Domicilio fiscal.
  • Declaración do imposto sobre a renda.

LEMBRE MARCAR NO II ANEXO O CADRO CORRESPONDENTE PARA SINALAR AS CIRCUNSTANCIAS QUE LLE SEXAN DE APLICACIÓN

  • Título de familia numerosa.
  • Certificado de discapacidade recoñecida pola Xunta de Galicia.

----------------------------------

Poderán presentar a documentación acreditativa dos criterios de baremo, polos mesmos sistemas, ata o 26 de maio.

As listaxes provisionais do alumnado admitido e excluido publicaranse o 8 de xuño e as definitivas o 26 de xuño.

 



story | by Dr. Radut