Skip to Content

PRÉSTAMO DE MATERIAL INFORMÁTICO

Ante a necesidade de contar con equipos informáticos por parte do alumnado do centro para as tarefas escolares, o instituto pon a disposición das familias os ordenadores da aula de informática do centro. Este curso non se pode empregar esta aula por motivo das restricións de espazo.

As familias que o necesiten poderán solicitalos entre o 11 e o 15 de xaneiro. Os equipos terán que ser devoltos nas mesmas condicións de entrega ó finalizar o curso académico sendo as familias responsables do seu mantemento. No caso de haber máis solicitudes que equipos dispoñibles, a asignación dos mesmos atenderá a criterios de necesidade valorados polo departamento de orientación.



page | by Dr. Radut