Skip to Content

Actividade: "O paseo de Jane"

Prezadas familias,

Informámosvos de que o equipo docente de sustentabilidade do centro levará a cabo mañá, martes, 3 de maio, a actividade titulada “O Paseo de Jane”, unha iniciativa internacional que persegue homenaxear á activista e urbanista Jane Jacobs realizando accións e percorridos por cidades de todo o mundo para reivindicar as rúas como espazo público de convivencia e encontro. 

O alumnado participante será o correspondente ao nivel de 1º da ESO e o participante no club de ciencia do centro. Terá unha duración de 3 horas, partindo dende o paseo marítimo de Barraña ás 15:00 horas. Ás 14:25 farase o xantar no Paseo de Barraña

Queremos invitarvos a participar no mesmo para que poidades observar os produtos levados a cabo polo alumnado participante, desfrutando dunha xornada lectiva diferente.

Agradecemos que en todo momento sigades as indicacións do profesorado.

Moitas grazas pola vosa participación.

Un saúdo.

O equipo directivo.  

 

AdxuntoTamaño
O paseo de Jane.pdf667.96 KB


blog | by Dr. Radut