Skip to Content

Blog oriéntate

CONVOCATORIA DE BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO. MINISTERIO DE EDUCACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL

Curso 2019 -2020

PARA MÁIS INFORMACIÓN DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

 

Prazo de presentación de solicitudes: ABERTO

EspazoFamilias Boiro

Como sabedes, varios representantes de centros educativos do concello vimos de conformar a Asociación EspazoFamilias Boiro, coa finalidade de dar resposta á necesidade sentida polas comunidades escolares de promover novos espazos e tempos para o diálogo e a reflexión educativa entre dous axentes claves: a  Familia e a Escola. Entendemos que é  moi importante coordinarnos para  brindarlle ás diferentes familias a posibilidade de participar e compartir  actividades formativas que lles faciliten os coñecementos, as estratexias, os instrumentos e  o apoio  para facer fronte aos novos desafíos educativos da sociedade actual.

 

Sabendo que isto responde ao interese colectivo, queremos insistir na importancia da participación no vindeiro EspazoFamilias que terá lugar o 11 de abril "A adolescencia e drogas:  botellón e binge drinking, consumo de cannabis, novas sustancias psicoactivas/drogas facilitadoras do asalto sexual. Que debo saber como pai/nai" na Casa da Cultura Ramón Martínez López ás 18:00 horas.

 

Esperámosvos!

 

 

A muller na Ciencia

Na nosa intención de conmemorar a loita histórica por mellorar a vida da muller, o noso compañeiro Víctor Olmos impartiu dúas charlas que nos permitiron rencontrarnos con mulleres da ciencia non recoñecidas no seu momento histórico, simplemente por ser iso, MULLERES. Deixámosvos anexa a presentación que elaborou para o obradoiro.

Distribuir contido


by Dr. Radut