Skip to Content

Actividades

Entroido 2023

entroido está a piques de asomar no @iespacachada e dende o equipo de biblioteca queremos botar a andar un novo protocolo: o DETECTOR DE ABURRIDOS!

 

Non te fagas o despistado e participa coa túa mellor cara!. Se non a tés, non pasa nada! podes inventala!, que para iso é o Entroido. O que non podes esquecer é o sorriso

 

E recorda… 

 

Nadal con AMICOS

O pasado 21 de decembro, recibimos a visita de Amicos, unha asociación sen ánimo de lucro para atención e integración de persoas con discapacidade intelectual, autismo, parálise, dano cerebral e ás súas familias.

Pasamos un tempo estupendo realizando un obradoiro de decoración de Nadal, falando, coñecéndonos rindo… Ata tivemos merenda e actuacións musicais. Estamos desexando repetir! Grazas Amicos!

 

Visita de Nadal ao Centro de día

Visita de Nadal ao Centro de Día

 

O pasado 21 de decembro, fomos de visita ao Centro de Día de Boiro para agasallar aos nosos maiores cunhas manualidades que fixemos e cos nosos mellores desexos.

 

Nadal 2020: brinquedos e contos para o Centro de Día

Cada ano por estas datas, pero nesta ocasión con máis motivo, faise evidente a necesidade de pasar tempo de calidade en familia. De todos cantos regalos nos poidamos facer uns a outros, ningún significa tanto como o tempo compartido escoitándonos, mirándonos ós ollos, conversando, empatizando.
Traballando estes valores, o noso instituto leva uns anos colaborando co Centro de Maiores de Boiro. Xusto antes das vacacións, unha delegación de rapaces a rapazas soían ir ó centro e botan un ratiño barullando, xogando e ata cantando coa nosa xente maior. Sempre lles fixemos algún agasallo, pero sempre trouxemos máis do que levamos: agarimo, sabiduría, raíz.
Neste curso non foi posible realizar a visita, pero negámonos a non adicarlles ese tempo. Para isto, os equipos STARgal e Biblioteca coordinaron un grupo de rapaces que prepararon un conto e montaron uns xoguetes de madeira (brinquedos), e fixemos dúas peciñas audiovisuais que lles imos mandar para que nos escoiten cerca, mesmo na distancia.

 

Día do libro

O 23 de abril, en medio do confinamento, non quixemos esquecer unha data tan importante coma o Día do Libro e dos autores. O noso alumnado voluntario de Biblioteca elaborou con poucos recursos e moitas gañas uns videos para facer visibles aos nosos libros. Non teñen unha gran calidade técnica, pero amosan o esforzó e gañas de facer visible esta data para toda a comunidade educativa.

Alumnos de 2º ESO amosaron toda a súa creatividade a través da poesía cuns videos moi hixiénicos!!!

Así tamén, o alumnado de 1º da ESO fixeron unha tarefa de destacar aquelas citas e autores que máis lles gustaron.

 

Podedes atopalos aquí, aquí e aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut