Skip to Content

Localización, Cafetería, Organigrama, Conserxería tlf. 881 880 486, Consello escolar, Profesorado, Cargos directivos, Marco legal, Novas, Contacto, Administración tlf. 881 880 494

Impresión 3D

Mostrámosvos algunhas pezas que imprimimos nunha das sesións do grupo de traballo de Deseño e Impresión 3D que se desenvolve no centro este curso.

Mural sala de recepción de pais e nais.

A comunidade educativa do noso centro felicita aos alumnos e alumnas de 4º de ESO da materia de Educación Plástica e Visual, que baixo a coordinación da súa profesora Ana Belén Burgos e da alumna do Máster Universitario de Formación do profesorado Lorena Castro, renovaron a sala de titorías con este presioso mural. Parabéns a todos e a todas polo traballo realizado.

Premios extraordinarios de bacharelato

Convocados os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2015-2016. Aquí tendes o enlace á orde da convocatoria e tamén a un extracto da mesma.

Charlas do Plan Director

Este xoves, 14 de abril ás 18:00h no salón de actos do instituto, darán comenzo as charlas do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos centros educativos e na súa contorna. Esas charlas están destinadas ás familias dentro dun programa de dous cursos, así que este ano empezarán coa 1ª fase en cada unha das seguintes temáticas:

- Uso axeitado das Novas Tecnoloxías.

- Acoso Escolar

- Drogas e Alcol.

Organiza a ANPA do IES Agra de Raíces en colaboración coa Vicedirección do centro.

Probas de acceso a ciclos formativos de Grao Medio

Ata o 15 de abril está aberto o prazo de inscrición para as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio, poderás facelo cubrindo o Anexo I desta Orde ou telemáticamente na URL http://www.edu.xunta.es/fp. Neste enlace está toda a información da convocatoria 2016, se tés dúbidas pasa pola secretaría do centro.

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras

Xúntase o enlace á Orde do 14 de marzo pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

Enlace á información na páxina da Consellería.

Gañadores da fase provincial

Boa nova para os alumnos e alumnas de Educación Plástica e Audiovisual de 1º de ESO que resultaron ser os gañadores da fase provincial na categoría da ESO do 32 Concurso Once "Descubrir tu talento lo cambia todo". Os alumnos de 1º ESO C baixo a coordinación da profesora e vicedirectora do centro, Ana Belén Burgos participaron coa composición fotográfica  "Que nadie te pare" xunto con 2.965 escolares máis procedentes de 38 centros de toda a provincia quedando os nosos alumnos gañadores provinciais. Parabéns a todos os alumnos e alumnas e á súa coordinadora!!!

QUE NADA TE PARE: Hay talento en el arte/deporte, pero también luchando por la paz como Gandhi, Castelao o John Lennon. También personas con discapacidad física o psicológica pueden llegar a ser genios como Beethoven, Frida Kahlo, Stevie Wonder, Stephen Hawking ..

vER

Noticia na Voz de Galicia

Noticia na web do concurso da once

 

Admisión alumnado ESO-Bacharelato 2016-2017

Aquí atoparás toda a información relativa ao procedemento de admisión para o curso 2016-2107. Esta información está tamén dispoñible no taboleiro do centro educativo.

1.- Prazo e Normativa:

O prazo de presentación de solicitudes sería do 1 ao 20 de marzo pero este curso foi ampliado e abrangue do 1 ao 29 de marzo.

Normativa: Orde do 12 de marzo do 2013.

2.- Solicitude:

O impreso de solicitude de admisión pode descargalo aquí mesmo e debe acompañalo do documento interno que lle proprocionarán na secretaría ou conserxería do centro educativo onde fará a solicitude de materias tamén denominada prematrícula. Estes documentos foron enviados tamén aos centros das nosas áreas de influencia e limítrofes.

3.- Documentación que acompañará á solicitude:

- DNI da alumna/o, libro de familia ou outro documento acreditativo da idade.

- Se solicita unha praza NEAE en 1ºESO: Documentación xustificativa.

- En caso de separación ou divorcio no que un dos proxenitores/titores teña atribuída a patria potestade: Resolución xudicial.

4.- Nota informativa:

4.1.- Que cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

4.2.- Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

4.3.- Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo depresentación de solicitudes de admisión.

5.-Postos escolares e vacantes

 

VACANTES

POSTOS ESCOLARES OFERTADOS

1º ESO

90

34

2º ESO

70

11

3º ESO

60

2

4º ESO

60

15

1º BACH

99

42

2º BACH

99

34

 

6.-Datas de formalización da matrícula

Prazo ordinario de matrícula de ESO e Bacharelato: 25 de xuño a 10 de xullo.

Prazo extraordinario: 1 ao 10 de setembro.

Distribuir contido


by Dr. Radut