Skip to Content

Localización, Cafetería, Organigrama, Conserxería tlf. 881 880 486, Consello escolar, Profesorado, Cargos directivos, Marco legal, Novas, Contacto, Administración tlf. 881 880 494

HORARIO DO DÍA 21 DE DECEMBRO E INFORMACIÓN DE CONTACTO DURANTE O NADAL

Informamos que o día 21 de decembro as clases rematarán as 12:05 horas e haberá transporte escolar axustado a este horario.

Durante as vacacións de nadal (22 de decembro - 7 de xaneiro) o centro permanecerá pechado. Para calquera consulta ou dúbida, pódese empregar o enderezo de email: ies.agra.raices@edu.xunta.es

RECEPCIÓN A PAIS E NAIS DO ALUMNADO DA ESO

O luns 16 de outubro ás 18:15 horas terá lugar a acollida e recepción de pais e nais do alumnado da ESO por parte do equipo directivo. Seguidamente realizarase a presentación dos titores dos diferentes grupos.

DÍA NON LECTIVO

Lembramos a toda a comunidade educativa que o venres 13 de outubro non haberá clases por ser día non lectivo.

THAT´S ENGLISH

Comunicámoslle a todos os interesados en matricularse no nivel Básico ou Medio do programa "That's English" que se imparte no noso centro que o prazo de matrícula será dende o 11 de setembro ata o 20 de outubro.

Tamén queremos  informarvos que a Proba VIA (ou proba de nivel) se vai realizar OnLine e os alumnos poderán facela ao longo de todo o período de matrícula. Así os alumnos poderán facer primeiro a proba VIA e unha vez que sepan o  curso (nivel) matricularse e facer o pago. Preme nos seguintes enlaces para máis información:

Proba VIA

Matrícula

Matrícula de setembro

Estas son as datas da entrega de notas e de matrícula de setembro

Mes de agosto

Durante o mes de agosto, o centro permanecerá pechado. Para calquera consulta ou dúbida, pódese empregar o enderezo de email: ies.agra.raices@edu.xunta.es

Fondo solidario de libros de texto curso 2017/18

Xa contamos ca listaxe provisional de admitidos e excluídos do fondo de libros de texto para o próximo curso. Os interesados poden preguntar vía telefónica ou achegarse ao centro para comprobar o seu estado.

 

Axudas para a adquisición do material escolar.

A partires do mércores 12 de xuño, as familias que solicitaron a axuda de material escolar poden achegarse ao centro, en horario de 9:30 a 13:00, para consultar a listaxe de admitidos e recoller o vale correspondente.

Listaxe de libros de texto. Curso 2017/18

Listaxe de libros de texto. Curso 2017/18

Para ver a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2017/18 pica aquí.

NOTA: Informamos que o centro dispón no seu Fondo de Libros de exemplares suficientes para algunhas materias. Prégase consultar ao centro antes de encargar/mercar  os libros nas librarías

Distribuir contido


by Dr. Radut