Skip to Content

Localización, Cafetería, Organigrama, Conserxería tlf. 881 880 486, Consello escolar, Profesorado, Cargos directivos, Marco legal, Novas, Contacto, Administración tlf. 881 880 494

RECEPCIÓN DE PAIS E NAIS DO ALUMNADO DA ESO

O luns 15 de outubro ás 18:15 horas terá lugar a acollida e recepción dos pais e nais do alumnado da ESO por parte do equipo directivo no Salón de Actos do instituto. Seguidamente realizarase a presentación dos titores dos diferentes grupos. Convidámosvos a asistir para colaborar entre todos no mellor funcionamento do centro educativo.

THAT´S ENGLISH: COMEZO DAS CLASES E MATRÍCULA ABERTA

Informamos a tódolos interesados que, durante a próxima semana (a primeira de outubro) terá lugar o comezo das clases para os alumnos matriculados no programa THAT´S ENGLISH.  En calquera caso, a matrícula segue aberta ata o día 22 de outubro.

HORARIO DE RECOLLIDA DOS VALES DE AXUDA PARA MATERIAL ESCOLAR

A Dirección do centro informa que, nas seguintes xornadas, o horario de recollida dos vales de axudas para a adquisición de material escolar dos alumnos/as que realizaron as probas extraordinarias de setembro será de 10:30 a 12:00h.  Grazas pola súa colaboración.

THAT'S ENGLISH

Comunicámoslle a todos os interesados en matricularse no nivel Básico(A2) ou Medio(B1) do programa "That's English" que se imparte no noso centro, que o prazo de matrícula será dende o 11 de setembro ata o 22 de outubro de 2018.

Tamén queremos informarvos que a Proba VIA (ou proba de nivel) se vai realizar OnLine e os alumnos poderán facela ao longo de todo o período de matrícula. Se elixe esta modalidade telemática deberá inscribirse a través da páxina web de That's English (www.thatsenglish.com) cubrindo os datos solicitados. Poderá optar por realizar o pago en liña (TPV virtual ou Paypal) ou na entidade bancaria establecida para tal fin.

ENTREGA DE NOTAS E MATRÍCULA DE SETEMBRO

Pódense consultar aquí as datas de entrega de notas e matrícula de setembro. Lembramos tamén que durante o mes de agosto o centro permanecerá pechado. Calquera comunicación urxente pódese facer a través do correo ies.agra.raices@edu.xunta.es

Os que non recolleron aínda os vales de axuda para material escolar poderán facelo na Secretaría do centro a partir do 1 de setembro.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2018-19

No arquivo adxunto poden consultar os libros de texto para o vindeiro curso escolar.

RESOLUCIÓN PROVISIONAL DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO DA XUNTA

Informamos que xa contamos coas listaxes de admitidos e excluídos do fondo solidario de libros de texto da Xunta e axudas para a adquisición de material escolar. Poden consultar a resolución no taboleiro de anuncios do centro e nos arquivos que achegamos.

Os alumno/as admitidos no fondo de libros que solicitaron os vales para a adquisición de material escolar, xa poden pasar a recollelos (sempre en cando no aparezan na listaxe de excluídos das axudas para a adquisición de material escolar) .Os vales entregaranse ás persoas solicitantes ou titores legais dos alumno/as.

 

TARXETAS ABAU

Xa chegaron ao instituto as tarxetas das ABAU. O alumnado de 2º de Bacharelato que aprobou pode pasar a recollelas.

HORARIO DE VERÁN

Durante o mes de xullo o instituto permanecerá aberto ao público de 09:30 a 13:30 horas. No mes de agosto estará pechado polo cal, para calquer aviso urxente, comunicalo a través do correo electrónico ies.agra.raices@edu.xunta.es

Feliz verán a toda a comunidade educativa.

Un "Guernica" especial para o Raíces

Se fai uns días falábamos do cambio de imaxe da antrada ao noso edificio principal coa instalación duns fragmentos en color da obra picassiana, hoxe, mostrámos outra versión a tamaño prácticamente real, conformada por 21 panéis de madeira e con unha lonxitude de 7 metros.  A labor, neste caso monitorizada pola profesora Carmen Senande, foi levada a cabo por alumnos de 1º e 2º de Bacharelato e ten unha estética policromática pero moito máis atenuada, recordando máis á obra orixinal.  A ubicación nunha das fachadas do antiguo Raíces, na zona exterior do salón de actos, permite dignificar a antigua edificación ademáis de unha integración estética e espacial cas partes máis novas do noso centro.  Un traballo artísitico excepcional digno de admirar.  Grazas ás profesoras e os alumnos de debuxo que, nestes últimos días, agasalláronos con dous traballos realmente impresionantes.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut