Skip to Content

Localización, Cafetería, Organigrama, Conserxería tlf. 881 880 486, Consello escolar, Profesorado, Cargos directivos, Marco legal, Novas, Contacto, Administración tlf. 881 880 494

Procedemento de reserva de praza en centros adscritos e solicitude de admisión para o curso 2019/20

Xa está aberto o prazo de reserva de praza en centros adscritos que será do 1 ao 15 de febreiro. Polo tanto, o alumnado dos centros adscritos ao Ies Agra de Raíces que vaia cursar 1º da ESO ou 1º de BACHARELATO no vindeiro curso, deberá realizar entre esas datas a súa solicitude de reserva de praza no seu centro educativo de orixe, en calquera das administracións públicas que establece a Lei 39/2015 do 1 de outubro ou a través da sede electrónica para o que se precisará neste caso chave 365 ou certificado dixital.

Deberán entregar ademais, debidamente cumprimentado, o impreso de prematrícula do noso centro que lles será facilitado no centro de orixe ou que poden tamén descargar dende aquí.

PROBA DE ACCESO A CICLO SUPERIOR DE FORMACIÓN PROFESIONAL

Xa está aberto o prazo de presentación de solicitudes para as probas de acceso a ciclo superior de formaciòn profesional entre os días 28 de xaneiro a 8 de febreiro. Podedes ampliar a información consultando o arquivo adxunto.

EXAMES THAT´S ENGLISH

As datas dos exames de febreiro de That´s English serán os seguintes días:

-Módulo 3: exame escrito, 5 de febreiro.

-Módulo 3: exame oral, 8 de febreiro.

 

-Módulos 5 e 6: exame escrito, 5 de febreiro.

-Módulos 5 e 6: exame oral, 12 de febreiro.

CONCURSO CLUB DE LECTURA

O club de lectura do centro, Libros Coma Area!, organiza un corcurso na procura dun logotipo. Consulta as bases no blog http://libroscomaarea.blogspot.com/ ou premendo aquí e participa.

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O Pasado venres, día 23 de novembro, conmemoramos un curso máis unha das datas máis significativas do noso calendario: o día contra a violencia de xénero.  Toda a comunidade educativa, concienciada novamente a causa desta problemática social, concentrouse no patio da entrada ao centro onde tivo lugar un sinxelo pero emotivo homenaxe ás víctimas.  Nel, 3 alumnos de 3º ESO leeron un significativo fragmento dunha novela de Mª Xosé Queizán; varios alumnos e alumnas de 3º ESO xunto coa profesora Jesica Blanco, interpretaron unha coreografía sobre a canción "déjala que baile" (Alejandro Sanz/Melendi); e otros 3 alumnos/as de 4º ESO leeron o manifesto que eles mesmos redactaron para a ocasión sunto con outros compañeiros, nun exercicio de madurez e responsabilidade que, sen dúbida, debería servir de exemplo para os responsables e autoridades políticas.

O acto rematou con uns emotivos minutos de siliencio en honra as víctimas.   Máis tarde, un grupo de alumnos baixou ao concello en representación do centro, acompañados das profesoras Jesica Blanco e a orientadora María Garcia, para participar no acto municipal.

 

MAGOSTO 2019

O pasado día 12 de novembro, depóis de moito agardar a que o tempo mellorase, celebramos ao fin a festa do Magosto, onde todos os rapaces e rapazas do centro poderon disfrutar dunha tarde de lecer.  Non faltaron as castanas os xogos populares e, por suposto, a música en directo, grazas a 4 alumnas que interpretaron numerosas pezas con gaita e pandereta para delicia dos presentes.  Moitas grazas a elas e a tódolos profesores que colaboraron nos preparativos e o desenvolvemento da celebración.

 

PREMIO EXTRAORDINARIO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA 2017/18

O alumno Xan Insua Miñones obtivo un dos premios extraordinarios da ESO concedido pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia a aqueles alumnos con mellores expedientes académicos nesta etapa educativa. Noraboa a Xan, a súa familia e a toda a comunidade educativa do IES Agra de Raíces.

CALENDARIO DAS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Xa está publicado o calendario para as eleccións ao Consello Escolar. Pódese consultar no seguinte arquivo adxunto.

AULA DE LECER: ENTREGA DE PREMIOS

O pasado mes de outubro entregáronse os premios aos alumnos gañadores do I PENTATHLON "LVDERE AVDE", organizado dende o Aula de Lecer do Instituto. Ata o día 11 de novembro estará aberto, para o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato, o prazo de inscripción do II PENTATHLON 2018/19. Non deixedes pasar esta oportunidade de pasalo ben.

PROCESO DE RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR 2018-19 CIRCULAR: SORTEO DE MEMBROS QUE CONSTITUIRÁN A XUNTA ELECTORAL

De conformidade co establecido na Resolución do 25 de setembro de 2018 da Dirección Xeral Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (D.O.G. 08/10/2018), realizarase proximamente neste Centro a renovación parcial dos membros do Consello Escolar.

            A organización e supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral, que se constituirá ao efecto, e estará integrada por:

- A directora do Centro.

- Un profesor ou profesora.

- Un pai ou nai ou titor legal.

- Un representante do persoal de administración e servizos.

- Un alumno ou alumna de educación secundaria.

            Os catro últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo será público e terá lugar na Sala de Profesores do Centro o día 29 de outubro ás 10:10h.

            Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa

candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que

figurarán nas distintas convocatoriasque proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral

do Centro.

                               A Dirección.

Distribuir contido


by Dr. Radut