Skip to Content

Localización, Cafetería, Organigrama, Conserxería tlf. 881 880 486, Consello escolar, Profesorado, Cargos directivos, Marco legal, Novas, Contacto, Administración tlf. 881 880 494

Festival de teatro Grecolatino

As alumnas e alumnos que cursan Latín ou Grego en 4º de ESO e bacharelato voltaron, un ano máis, ao Festival de Teatro Grecolatino que se celebra na cidade de Lugo no mes de marzo, concretamente no auditorio Gustavo Freire. A obra que foron ver foi "Os xemelgos de Plauto" representada pola compañía Noites de Bohemia.

Ademais de acudir ao teatro, alumnos e profesores visitaron a sala de exposicións Porta Miñá onde se explica como se configurou a cidade de Lucus Augusti, seguindo o proceso evolutivo desta, dende as súas orixes, como campamento, pasando pola etapa de máximo esplendor e fortificación, a construción da Muralla, ata acadar o seu ocaso.

 

8 de Marzo: Día Internacional da Muller

O 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller e no Agra de Raíces xa empezamos coas actividades. Este venres 4 os alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO acoden á casa da cultura a ver o monólogo " O xénero con humor" invitados polo concello de Cee

 

Xogade

Suspéndese a actividade de Xogade que se ía desenvolver o sábado 27 en Narón. Manterémosvos informados das novidades que poidan xurdir a próxima semana. Esta é a mensaxe que figura na web da Delegación de Atletismo de Ferrol.

 

 

AVISO IMPORTANTE: CAMBIARON OS NÚMEROS DE TELÉFONO DE CONTACTO

A consellería de Educación está cambiando todos os números de teléfono dos centros escolares e no noso centro xa se cambiaron. Os que están a continuación son os novos números de contacto co instituto, desculpámonos polas molestias que se lles poida ocasionar. 

Teléfono da conserxería » 881 880486

Teléfono da administración » 881 880494 

 Fax » 881 880496

Probas de acceso a ciclos formativos de Grao Medio e Superior

A consellería de Educación publica a orde que regula a convocatoria das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e grao superior sendo os prazos de inscrición os que se describen a continuación:

Prazo de inscrición nas probas de acceso:

  • Ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 4 ao 15 de abril de 2016, ambos os dous incluídos.
  • Ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 15 ao 26 de febreiro de 2016, ambos os dous incluídos.
  • Texto da orde.

Festival de Entroido

Marabilloso estivo o Entroido no Agra de Raíces!!! A partires das 12.25h celebrouse no salón de actos o desfile e actuación de comparsas durante dúas horas. Actuaron un total de 15 comparsas cunha posta en escea e un vestiarios sorprendentes. Parabén a todas e a todos e que viva  o entroido!!!

Voluntariado na Biblioteca Escolar

Un curso máis Biblioraíces foi admitido no programa Voluntariado na Biblioteca Escolar dentro do programa Bibliotecas Escolares Solidarias. Parabéns ao Equipo de Biblioteca e aos alumnos e alumnas participantes!

Número premiado coa devolución

O número da lotería de Nadal vendido polo alumnado de 4º de ESO foi premiado no sorteo do 22 de decembro coa devolución da cantidade xogada. A partires do día 7 de Xaneiro o Depositario será o centro educativo, traede os boletos mercados e darémosvos a devolución dos cartos.

Grazas a todos e a todas pola vosa aportación á excursión fin de curso.

Contacto co centro

Durante estes días está operativo o correo electrónico do centro para consultas e urxencias. Contacta co centro a través do seu enderezo electrónico: ies.agra.raices@edu.xunta.es

Boas vacacións!!

 

Boas festas a todas e a todos

Postal feita polo Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega.

Distribuir contido


by Dr. Radut