VIII Carreira Quilómetros de Solidaridade

 O venres 30 de marzo no IES Alfoz - Valadouro celebrouse a VIII carreira quilómetros de solidariedade colaborando con Save the Children. Accede dende aquí a galeria da carreira.


carreira solidaria


Save the Children


 A carreira está organizada polo departamento de Educación Física que dirixe Yolanda Flórez Pandiella.



Consiste en que cada alumno e alumna que participe posúa un “carné do corredor” cunha lista de patrocinadores, cada patrocinador doará o que previamente acorde co corredor por cada quilómetro percorrido por este. Cantos máis quilómetros se realicen e máis patrocinadores teña cada corredor, máis diñeiro conseguirase. Tamén se habilitaron os ” carné de corredor 0″ que poderán usar os profesores, para que en lugar de correr, se poidan apuntar á carreira por medio desta modalidade e realizar un donativo.



A carreira comezará despois do recreo e participa alumnado de todos os cursos.



Cada un dos corredores e corredoras recibirá un diploma de participación.



O diñeiro recadado enviarase á asociación “Save the Children” para ser usado con ao redor de 8.000 nenos e nenas da República Democrática do Congo.


Cronica 3.


La Voz de Galicia.