Presentacións curso 2023-24

 

PRESENTACIÓN CURSO 2023-24

LUNS 11 DE SETEMBRO

HORARIO DE 11.30 A 12.30

ESE DÍA HABERÁ SERVIZO DE TRANSPORTE.

Fondo solidario de libros de texto e axudas para material: listaxe provisonal

A listaxe provisonal de alumnado admitido e excluído está publicada no taboleiro de anuncios no interior do instituto.

As persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros www.edu.xunta.es/fondolibros/, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital. Tamén se pode consultar chamando ao teléfono 982 87 00 51

As persoas interasadas poderán reclamar nos dous días hábiles seguintes á publicación da listaxe definitiva.

Máis información:

ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

 

 

Listaxe libros de texto 2023-24

Información Calendario final de curso

CALENDARIO FINAL DE CURSO

 

21 de xuño. Último día lectivo. O alumnado contará con diversas actividades que se desenvolverán no horario habitual (8:30-14:30 h.).

 

23 de xuño. Entrega de boletíns e devolución dos libros de texto pertencentes ao fondo de libros. Isto realizarase ás 11:00 h. na aula propia de cada curso.

O alumnado non contará con servicio de transporte escolar.

 

26, 27 e 28 de xuño. Reclamacións de cualificacións en horario de 10:00 a 14:00 h.

 

23 de xuño a 7 de xullo. Matrícula (de 10:00 a 14:00 h.).

 

26 de xuño: 1º e 2º de ESO.

27 de xuño: 3º e 4º de ESO.

 

As datas indicadas son de atención preferente para as matriculacións nos cursos indicados. Poderase presentar a documentación de matrícula en calquera dos días, pero será atendidos antes os cursos sinalados.

Charla para familias: Sácalle partido ao teu estudo

 

O próximo 31 de maio, ás 16:15 horas, contaremos coa presenza de Carolina García Chico, especialista en Pedagoxía Terapeútica e Intervención Familiar para impartir unha charla titulada SÁCALLE PARTIDO AO TEU ESTUDO. Esta actividade está organizada polo Concello de Alfoz e colabora Educando en Familia e o IES Alfoz - Valadouro. Esperamos que sexa do voso interese.

 

Solicitude participación no Fondo Solidario de libros de texto e axudas para adquirir material escolar para o curso 2023/24

 

Aberto o prazo para solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir material escolar para o vindeiro curso.

 

O prazo de solicitude remata o 21 de xuño de 2023.

 

Forma de presentación:

- A solicitude será única para todos os fillos que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2023/24.

- Presentación no centro do anexo I e anexo II (importante que veñan correctamente asinados)

(Tamén está disponible a presentación por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B e anexo II) dispoñible na aplicación fondo libros, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia)

 

Documentación a entregar coa solicitude:

 

- Fotocopia do libro de familia de todos os membros (en casos excepcionais, certificado de convivencia)

- En caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial onde se indique de quen é a custodia.

 

Beneficiarios: 

Poden consultar os requisitos para a concesión das axudas no seguinte enlace

 

 

ORDE do 19 de abril de 2023.

 

Día da Educación Física na Rúa 2023

O pasado mércores, 3 de maio, o alumnado de 2º ESO desprazouse a San Cibrao para participar nunha xornada adicada á actividade física e o deporte. 

Houbo 10 centros participantes e máis de 400 alumnos e alumnas poideron facer un circuíto de deportes urbanos: basket 3*3, freestyle, chest tag, parkour, break dance, fútbol praia, cordas, slack line e patíns.

O tempo acompañou e o alumnado puido desfrutar de todas as actividades programadas. Parabéns ao Seminario de Educación Física da Mariña polo traballo.

Plan Director para a convivencia 2023

O pasado 25 de abril, o alumnado do centro recibeu charlas informativas/formativas sobre o acoso escolar e drogas e alcol. Estas charlas foron impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado

O Plan está impulsado desde Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación.

 

Enquisa de diagnose de convivencia 2023

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pon en marcha este curso académico a IV macroenquisa de diagnose da convivencia escolar, dirixida ao conxunto da comunidade educativa galega (alumnado a partir de 5º de educación primaria, profesorado, persoal non docente e familias).

Esta iniciativa enmárcase dentro da actual Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 e o prazo de participación estará aberto desde o 2 ata o 22 de maio, ambos os dous incluídos.

Os centros educativos establecerán as medidas necesarias para o acceso do alumnado ás aulas de informática para cubrir os cuestionarios. Do mesmo xeito, facilitarán a participación do profesorado e do persoal de administración e servizos.

En canto ás familias, a dirección do centro facilitaralles as claves de acceso coas indicacións precisas sobre como actuar.

Esta recollida de datos faise mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo, a través da aplicación convivenciaxestion (https://www.edu.xunta.gal/convivenciaxestion/).

 

Para  máis información prema aquí.

Admisión alumnado: Listaxe de vacantes para o curso 2023-24

Publicadas as vacantes dispoñibles para o curso 2023-24

 

Distribuir contido