Xubilación de Pepe Peinó

O pasado 27 de outubro xubilouse José Vázquez Peinó, Pepe, o profesor de historia e lingua galega en primeiro e segundo de ESO.

Pepe chegou ao noso centro no curso 97/98, polo tanto leva máis de vinte anos adicándose en corpo e alma a ensinar a todos os rapaces que pasaron polo instituto. É un referente para todos nós. No terreo profesional,  fixo infinidade de actividades cos alumnos e todos os seus compañeiros: obras de teatro, xornais, radio e películas, e foi sempre un profesor riguroso, traballador e cunha especial serenidade en todos os aspectos. Na parte persoal, podemos destacar a súa positividade, alegría e xenerosidade con todos. Todos vemos a Pepe como unha persoa moi especial e a que lle debemos moitos momentos vividos.

As obras de teatro que fixo Pepe no instituto foron: 'A verdadeira historia de Parvo de Cela', 'Alí vén teu pai', ' Revolución no ximnasio', 'A máquina do tempo', ' A apidemia' e ' Bruxas, vampiros, trasgos e fantasmas'. Fixo as películas tituladas: 'Lume na alma', ' Malos tempos' (2007, primeira película, gañou o primeiro premio no certame OUF Escolar de Ourense), ' Volveremos',' Adeus' e 'Pasado e futuro'. Dirixiu o Xornalouro que foi a revista escolar do centro durante moitos anos e tamén a radio escolar Parolando. El agora seguro que seguirá coas obras de teatro e curtametraxes e coa publicación dos seus libros; seguirá tendo moitísimos admiradores da súa obra como ate agora. 

Pepe, desexámosche que aproveites o tempo que agora tes para disfrutar da familia, das túas afeccións e, por suposto, para ser moi feliz!

Esperamos verte moitas veces polo noso centro; sempre terás as portas abertas no que foi o teu lugar de traballo. Grazas por todo e mil bicos para ti.

Plan de Continxencia e Programa de Acollida

O 22 de setembro foron aprobados pola dirección o Plan de Continxencia e o Programa de Acollida para este curso 2020-21. 

Podedes velos dende os seguintes enlaces:

- Plan de Continxencia

- Programa de Acollida

 

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN DA COVID-19

O Plan de Adaptación á situación da COVID-19 para o curso 2020-21 foi aprobado o 22 de setembro de 2020 e xa podedes consultalo dende a nosa páxina.

Plan de Adaptación

Anexo

Listaxe definitiva do Fondo de Libros

Xa está publicada a listaxe definitiva do Fondo de Libros, podedes consultar os libros adxudicados na entrada do centro ou chamando telefonicamente ao 982 870051.

Os libros serán entregados os días de presentación de cada curso.

CAMBIO DE DATAS PARA O COMEZO DO CURSO 2020/21

i.      Este venres a Xunta de Galicia decidiu aprazar o inicio de curso, a incorporación seguirá sendo gradual. As novas datas son:

       23 de setembro (mércores): 1º e 2º de ESO terán a presentación en horario de 11.00 a 13.00 h. 

       24 de setembro (xoves): 3º ESO terá a presentación de 8.25 a 10.25 h e a continuación iniciará as clases normais. 1º e 2º de ESO terán clases normais ese día.

      25 de setembro (venres): 4º ESO terá a presentación de 8.25 a 10.25 h e posteriormente iniciará as clases normais. 1º, 2º e 3º de ESO terán clases normais todo a mañá.

Os tres días haberá autobús para o alumnado.

INFORMACIÓN SOBRE AS MEDIDAS EXTRAORDINARIAS PARA O CURSO 2020/21

Xa podedes consultar as medidas extraordinarias que se tomarán no noso centro no curso 2020/21 por mor da pandemia que estamos a vivir.

Na próxima semana aprobarase o Plan de Adaptación e poderedes consultalo nesta mesma páxina.

Medidas

Declaración responsable das familias

DATAS PARA O INICIO DO CURSO 2020/21

                               

        O inicio do curso 2020/21 será gradual:

        16 de setembro (mércores): 1º e 2º de ESO terán a presentación en horario de 11.00 a 13.00 h. 

        17  de setembro (xoves): 3º ESO terá a presentación de 8.25 a 10.25 h e a continuación iniciará as clases normais. 1º e 2º de ESO terán clases normais ese día.

        18 de setembro (venres): 4º ESO terá a presentación de 8.25 a 10.25 h e posteriormente iniciará as clases normais. 1º,2º e 3º de ESO terán clases normais todo a mañá.

Os tres días haberá autobús para o alumnado.

BOLETÍN DE NOTAS E MATRÍCULA DE SETEMBRO

O 1 e 2 de setembro faranse as probas extraordinarias de forma presencial.

O boletín de notas entregarase o venres 4 de setembro ás 11.00 h .

A matrícula para o curso 2020/21 poderá realizarse os días:

Venres 4 setembro: De 11.30 a 13.30 h

Luns 7 setembro: De 10.00 a 13.30 h

 

Os libros do fondo deberán entregarse o xoves 3 e venres 4 de setembro, rogamos que estén limpos e borrados.

IMPORTANTE:  Só poderán acceder ao instituto o alumnado e o persoal do centro, polo tanto non poderán entrar pais/nais nin acompañantes.

Para calquera consulta chamar ao tlf 982 870051 de 10.00 a 13.30 h.

Protocolo COVID para o curso 2020/21

Podedes consultar dende aquí o novo protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020/21.

Distribuir contido