Actividades extraescolares

Samaín, Halloween e Magosto

Este ano, a festa de Samaín e Magosto americanizouse un pouquiño grazas o noso auxiliar de conversa, Arthur. Ademais do concurso de Cabazas talladas e da comilona de castañas acompañadas de chocolate quente, o noso novo compañeiro preparou unha fogueira para degustar as nubes o estilo americano (marshmallow).


Podedes picar na foto o no seguinte enlace para acceder a galería de fotos.


Arthur

Cabazas de Samaín

Xa temos as fotos das cabazas na galería do IES.


Para velas, podes picar na foto do T. rex ou ben, seguir o enlace de máis abaixo.


Na galería de imaxes podes valorar a cabaza que máis che guste.


T. rex


 


Acceso a galería de fotos do Samaín 2012

Cartel gañador do concurso e galería de carteis

Samain Magosto 2012


 Galería de carteis de Samaín - Magosto 2012


Podes valorar as imaxes na galería e indicanos cal é o cartel que ti preferes.

III concurso de carteis de Samaín e Magosto. 2012


Convócase o III Concurso de carteis do Samaín e Magosto, para o alumnado do IES Alfoz - Valadouro.


 Os carteis deben cumprir os seguintes requisitos:



  •  Tamaño A4.

  • Debe anunciar o Samaín e o Magosto do IES.

Data límite de entrega mércores 24 de outubro.


Haberá premios o mellor cartel.


  


Equipo de Dinamización do Galego


 

VIII Carreira Quilómetros de Solidaridade

 O venres 30 de marzo no IES Alfoz - Valadouro celebrouse a VIII carreira quilómetros de solidariedade colaborando con Save the Children. Accede dende aquí a galeria da carreira.


carreira solidaria


Save the Children


 A carreira está organizada polo departamento de Educación Física que dirixe Yolanda Flórez Pandiella.



Consiste en que cada alumno e alumna que participe posúa un “carné do corredor” cunha lista de patrocinadores, cada patrocinador doará o que previamente acorde co corredor por cada quilómetro percorrido por este. Cantos máis quilómetros se realicen e máis patrocinadores teña cada corredor, máis diñeiro conseguirase. Tamén se habilitaron os ” carné de corredor 0″ que poderán usar os profesores, para que en lugar de correr, se poidan apuntar á carreira por medio desta modalidade e realizar un donativo.



A carreira comezará despois do recreo e participa alumnado de todos os cursos.



Cada un dos corredores e corredoras recibirá un diploma de participación.



O diñeiro recadado enviarase á asociación “Save the Children” para ser usado con ao redor de 8.000 nenos e nenas da República Democrática do Congo.


Cronica 3.


La Voz de Galicia.

Entroido 2012

Xa teñedes as fotos do entroido na galería do centro.


E, coma en todas as fotos da galería, podedes votar a que mais os guste ou todas as que desexedes.


Ademais, tamén saímos na prensa da zoa, cronica3, Voz de Galicia aínda que na Voz, soamente poñen unha foto.


Visita a Lugo

Os alumnos e alumnas de 2º ESO e os alumnos e alumnas de relixión católica do IES, foron o pasado xoves 3 de febreiro a visitar a Catedral de Lugo.


Na galería de fotos do IES podedes ver as fotos da viaxe.

Samaín

Pica sobre a enlace para acceder o album de fotos de Samaín 2011 do IES Alfoz - Valadouro.


 


Cartel gañador Samaín 2011 - 2012


Autora: SILVIA GARCÍA ANELLO. Curso 2º ESO

II Concurso de carteis do Samaín

Convócase o II Concurso de carteis do Samaín e Magosto, para o alumnado do IES Alfoz - Valadouro.


Os carteis deben cumprir os seguintes requisitos:



  • Tamaño A4.

  • Debe anunciar o Samaín e o Magosto do IES.

Data límite de entrega venres 21 de outubro.


Haberá premios o mellor cartel.


Equipo de Dinamización do Galego

Distribuir contido