O Xornalouro

O xornalouro na prensa

Esto é a opinión de Suso Fernández, cronista de Foz, unha vez ollada unha das nosas revistas "O Xornalouro", publicada en varios xornais da mariña como cronica3.com.


O XORNALOURO (18 - 10 - 2011)


Mans amigas achegáronos o nº32 da revista anual, voceiro do IES Alfoz-Valadouro do nome que encabeza estas liñas. Pulcramente editada, a todo cor, papel de alta calidade, as 50 páxinas, con mais de 150 fotografías e debuxos, ofrecen ampla información da vida do Centro e da súa contorna: de aí que na portada destaque a presenza das cinco rapazas gañadoras provinciais do concurso de debuxo da ONCE, na compaña de Paz Quiroga, a profesora de Arte. Outra compañeira gañou o concurso de debuxo de Bibliotecas Municipais. Parabéns a alumnas e profesora pois alguén dixo que “os discípulos son a biografía dos mestres”. O contido da revista transcende o ámbito colexial, acaso co loable propósito de interesar ós mozos/as nos distintos aspectos que atinxen á vida cidadá dos dous concellos: ofrece colaboracións, asinadas non só por alumnos, senón tamén por xentes alleas ó mesmo, reportaxes sobre distintas potencialidades da bisbarra, deportes, entrevistas, novas das numerosas actividades culturais que se levan a cabo no colexio, nas que o teatro, a produción de cortos cinematográficos e a programación de Radio Valadouro, festivais artísticos, e demais teñen un significado protagonismo baixo a experta batuta do polifacético profesor Pepe Peinó, dedicacións que dan seus froitos, pois varios daqueles artistas acadan nome no mundo da farándula, con actuacións sorprendentes (véxase “O primeiro paciente”…), algúns incruso ante as cámaras da TV…Hai na revista dúas seccións singulares: unha enquisa feita entre alumnos/as baixo o epígrafe de “Test de gustos” e “Crítica constructiva” pola que o director do Centro explica aspectos internos dos que se fan comentarios mais ou menos disconformes. Unha actitude que, por inusual naqueles que gobernan resúlta chamativa e que nós consideramos moi positiva e, incluso, didáctica.. A publicación ten grande atractivo: é amena, de presentación impecable e contido variado, ben tratado. Felicitamos ó Centro, xerme de tan prolífica actividade socio-cultural e, por suposto, ó equipo de redacción de O Xornalouro.


Suso Fernández

Novo número do Xornalouro

O número 32 do XORNALOURO, xa están dispoñibles os contidos da nosa revista dispoñibles en formato PDF.

Novo número do XORNALOURO

Nesta ocasión o nº 31 do Xornalouro sae a principio deste curso e non como viña sendo costume a finais do pasado.

Esperemos que vos guste, podedeslo mercar no Centro por tan só 1,5 €.

Pica na portada do Xornalouro para acceder os contidos.

 

O Xornalouro nº 30

Un novo número de O Xornalouro ve a luz, e para que chegue a todo o mundo, tamén o poñeremos na nosa web. Nº 30.

Si queredes mercala, vendese no noso IES a un precio de 1,50 €.

Novo número do Xornalouro

Para finalizar este curso 2008 - 2009, e coma todos os anos, volve a sair un novo número da revista do IES; O Xornalouro.

Neste caso é o nº 29, que inclue as cousas que aconteceron no Centro e nos nosos Concellos dende Xaneiro ata Xuño de 2009.

Distribuir contido