DÍAS NON LECTIVOS

Informamos que Inspección Educativa autorizou a concesión dos días non lectivos solicitados polo centro.

Ditos días serán:

  • 5 de decembro do 2022.
  • 2 de maio do 2023. 

 

VALES DE MATERIAL

Publicouse no DOG do 14 de outubro de 2022 a resolución do 5 de outubro de 2022 pola que se fai pública a concesión directa da ampliación de axuda para adquirir material escolar.

Aquelas familias beneficiarias do vale para adquisición de material escolar recibirán un vale adicional de 25€ que deberán empregar na libraría antes do 1 de decembro de 2022.

Poden recollelo en secretaría en horario de 09.00h a 14.00h.

 

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022.

COMEZO DO CURSO 2022/23

XOVES 8 DE SETEMBRO 2022

 

11:00H: PRESENTACIÓN DO ALUMNADO COS TITORES E TITORAS (TODOS OS CURSOS)

 

Haberá servizo de autobuses en horario de 11:00h a 12:00h.

 

VENRES 9 DE SETEMBRO 2022

 

HORARIO HABITUAL DOS VENRES (08:30H A 14:05H)

Probas de nivel lingüístico para o alumnado que curse estudos durante o curso 2022/2023

Resolución do 10 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se regula a xestión de probas de nivel lingüístico para o alumnado que curse estudos durante o curso 2022/2023 en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

 

DESTINATARIOS: Alumnado de 4º da ESO

PRAZO: ata o 23 de setembro

 

PARA MÁIS INFORMACIÓN PODEN ACCEDER Á SEGUINTE LIGAZÓN

 

 

Fondo Libros: Publicada a listaxe definitiva de admitidos/as

Publicadas as listaxes definitivas do FONDO SOLIDARIO de libros de texto.

 

As listaxes de alumnado admitido e excluído están publicadas no taboleiro de anuncios no interior do instituto. Tamén poden consultalas chamando por teléfono (982870051) ou accedendo a www.edu.xunta.es/fondolibros/ con certificado electrónico ou con Chave365.

* Todo o alumnado matriculado en francés debe mercar o libro de actividades do curso correspondente. 

* O alumnado de inglés debe mercar o libro de actividades do curso correspondente.

* Poden consultar a relación de libros de texto na seguinte ligazón

Máis información: 

ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto

Axenda escolar curso 2022/23

Os concellos de Alfoz e O Valadouro outorgarán ao alumnado de axendas escolares para o curso 2022-23, como en anos anteriores.

Listaxe de libros de texto curso 2022-23.

No seguinte documento recóllese a listaxe de libros de texto para o curso académico 2022/23.

 

NOTA* O libro de texto de lingua castelá e literatura para 1º ESO ten o ISBN 9788411207188 (había un erro no cadro adxunto que xa foi modificado)

Cambio nas datas de matrícula para o curso 2022/23

Modifícanse as datas de matrícula para o curso 2022/23, serán no mes de xullo:

 

MATRÍCULA 2022/23

1º ESO

Venres, 1 de xullo

2º ESO

Luns, 4 de xullo

3º ESO

Martes, 5 de xullo

4º ESO

Mércores, 6 de xullo

 

Recordade que, nos días anteriores, se debe recoller o sobre de matrícula.

O horario de verán do centro, a partir do 23 de xuño, será de 10.00 a 14.00 h.

Final de curso, boletín de notas e matrícula

O vindeiro mércores 22 de xuño será o último día de clase .

 

Entrega de boletín de notas

Neste curso haberá distintas datas para a 3ª e a avaliación final, polo que os boletíns de notas entregaranse:

Avaliación

Día 

Terceira

Venres 10 de xuño 

FINAL

Luns 27 de xuño ás 11.00 h (sen transporte escolar)

Datas para reclamacións: 28, 29 e 30 de xuño.

 

Matrícula para o curso 2022/23 

Debido a que neste curso non haberá avaliación extraordinaria de setembro, todo o alumnado terá que matricularse nas seguintes datas de xuño:

Cursos

Días

1º ESO e 2º ESO

Martes 28 de xuño

3º ESO e 4º ESO

Mércores 29 e xoves 30 de xuño

 

Recollida de libros

 A data límite para a entrega dos libros do fondo será o 27 de xuño.  Recordamos que deben vir borrados de lapis e sen estar en mal estado. 

 

O horario de atención ao público durante o verán (a partir do 23 de xuño), irá dende as 10.00 ata as 14.00 h

 

 

Solicitude de Fondo de Libros e Axuda para material escolar para o curso 2022/23

O 18 de maio publicouse no DOG a orde  pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2022-23.

A solicitude poderá facerse telematicamente a través da aplicación Fondo de Libros da páxina de Educación ou, presencialmente, entregando no noso centro os Anexos I e II que xa teñen todos/as os alumnos/as de 1º, 2º e 3º de ESO ou que poden descargar dende a aplicación.

A data límite de entrega é o 22 de xuño de 2022.

Deixámosvos algunhas indicacións para cumprimentar os Anexos I e II de xeito correcto.

Distribuir contido