Semana de Entroido

A semana do 13 ao 17 de febreiro organízanse no centro "Os mandados do Meco". Ao longo da semana a nosa Meco Monchiña dirá un mandado para cada día. 

O venres 17 de febreiro a partir das 11 horas temos organizadas diferentes actividades para festexar a chegada de Don Carnal.

Conferencia "Rubia Gallega"

O pasado 3 de febreiro, o alumnado do IES Alfoz - Valadouro recibiu unha conferencia sobre a "Rubia Gallega". A charla celebrouse co motivo da IV Feira das Razas Autóctonas da Mariña, organizada polo Concello de O Valadouro. A conferencia foi impartida por unha veterinaria da asociación ACRUGA e a actividade foi organizada en colaboración co Concello de O Valadouro. 

Palestra-Obradoiro "Depuración naturais de augas residuais, construíndo humidais"

O pasado 17 de xaneiro o alumnado de 1º ESO recibiu unha interesante palestra-obradoiro sobre a depuración de augas de xeito natural. 

A actividade estivo organizada pola UDC, en colaboración coa Fundación Alcoa e enmárcase dentro do proxecto "Educando para a sustentabilidade: A Mariña ambiental"

Admisión alumnado de centros adscritos

O período de reserva de praza en centros adscritos está aberto ata o día 6 de febreiro.

 

Normativa admisión: ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

Talleres de educación emocional

Ao longo das vindeiras semanas van a realizarse uns talleres de educación emocional para todo o alumnado do centro. Serán impartidos por Cristina Gonález (AlasRaíces), traballadora Social. 

Organiza o Concello de Alfoz.

 

25N.ACTO CONMEMORATIVO EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

 

Co gallo do 25N, o alumnado e profesorado do IES Alfoz – Valadouro organizamos, xunto co colexio de Alfoz, un acto commemorativo en contra da violencia de xénero. Consistiu nunha andaina desde o IES ata a Casa da Cultura do Concello de Alfoz. Alí había unha margarida xigante nun taboleiro. Un grupo de compañeiros e compañeiras foron arrincándolle pétalos, á vez que lían un manifesto que se titulaba “Preguntáchete algunha vez se esa persoa especial te quere ou non te quere?” Para finalizar o acto, o alumnado do colexio de Alfoz cantou unha canción de Rozalén titulada “La puerta violeta” e o director do Colexio, Adrián Suárez pechou o acto cunhas palabras en repulsa contra toda manifestación de violencia.

 Sara Otero Pérez e Noelia Paz Blanco (4ºESO)

 

VIDEOCONFERENCIA DE IGACIENCIA E FORMACIÓN DE SOGAMA

Co gallo do mes da Ciencia en Galego estamos a recibir no centro unha serie de videoconferencias organizadas por Igaciencia.

O pasado luns, 21 de novembro, tivemos a primeira videoconferencia titulada “Mergullámonos no océano do futuro?” impartida por Emilio Fernández Suárez, catedrático de Ecoloxía da Universidade de Vigo. Nesta ocasión foi o alumnado de 2º ESO quen recibiu información sobre o futuro do océano.

Ese mesmo día, o alumnado de 3º e 4º ESO, asistiu a unha formación presencial de SOGAMA enmarcada dentro das actividades programadas pola Semana Europea da Prevención de Residuos. En dita conferencia, recibiron información sobre como separar e reciclar mellor.

Alumnado de 2º ESO na videoconferencia organizada por Igaciencia.

Alumnado de 3º e 4º ESO na formación de SOGAMA

CONCURSO DE CABAZAS E MICRORRELATOS DE TERROR

No marco das celebracións do mes de Santos ou magostos (Samaín) organizouse o I concurso de cabazas e II de microrrelatos de terror, cunha ampla participación por parte do alumnado.

Outorgáronse dous premios en cada un deles e os gañadores foron:

-Lucas Eiroá Castro e Celia Fernández Fernández, ambos de 1o ESO, no concurso de cabazas.

-Israel Teijeiro Valoría (2o ESO) e Lucía Candia Paz (3o ESO), no concurso de microrrelatos.

 

DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 

Co gallo do día das Bibliotecas escolares celebrado o pasado 24 de outubro de 2022, reabriuse a Biblioteca do IES Alfoz-Valadouro, pechada até esta data por mor das reformas de ampliación e mellora que se fixeron a raíz de ser seleccionado o centro para formar parte do Plan de mellora de bibliotecas escolares de centros públicos (PLAMBE) no curso 2022-23.

A actividade inaugural consistiu nunha exposición de maquetas de invertebrados, acompañadas dun conto e un cómic referentes a cada un dos animais, realizadas polos alumnos/as de 1o ESO durante o curso 2021-22. Trátase dun proxecto multidisciplinar no que participaron os departamentos de Ciencias Naturais, Lingua castelá e Plástica.

O equipo de biblioteca formado por alumnos/as e profesores/as anima a toda a comunidade educativa a colaborar nas actividades que se leven a cabo e a difundilas coa finalidade de que o centro sexa un elemento dinamizador na difusión da cultura.

 

CALENDARIO ELECTORAL

 

Constituída a Xunta Electoral o 7 de novembro de 2022, determina o calendario electoral para a renovación parcial do Consello Escolar:

 

CALENDARIO ESCOLAR

Constitución da Xunta Electoral.

Publicación de censos e calendario escolar.

Luns, 7 de novembro

Admisión de candidatos/as.

Do luns 7 ao venres 11 de novembro

Proclamación de candidatos/as.

Luns, 14 de novembro

Reclamacións.

Do martes 15 ao xoves 17 de novembro

Resolución de reclamacións.

Sorteo de mesa electoral.

Venres, 18 de novembro

Constitución de mesa electoral.

Votación e escutrinio

Mércores, 23 de novembro

Recordamos que corresponde a renovación parcial do Consello Escolar cun representante do alumnado. Desde hoxe e ata o venres 11 de novembro, aqueles alumnos e alumnas que o desexen poderán presentar a súa candidatura. Os modelos a cubrir estarán dispoñibles na secretaría do centro. 

Distribuir contido