DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 

Co gallo do día das Bibliotecas escolares celebrado o pasado 24 de outubro de 2022, reabriuse a Biblioteca do IES Alfoz-Valadouro, pechada até esta data por mor das reformas de ampliación e mellora que se fixeron a raíz de ser seleccionado o centro para formar parte do Plan de mellora de bibliotecas escolares de centros públicos (PLAMBE) no curso 2022-23.

A actividade inaugural consistiu nunha exposición de maquetas de invertebrados, acompañadas dun conto e un cómic referentes a cada un dos animais, realizadas polos alumnos/as de 1o ESO durante o curso 2021-22. Trátase dun proxecto multidisciplinar no que participaron os departamentos de Ciencias Naturais, Lingua castelá e Plástica.

O equipo de biblioteca formado por alumnos/as e profesores/as anima a toda a comunidade educativa a colaborar nas actividades que se leven a cabo e a difundilas coa finalidade de que o centro sexa un elemento dinamizador na difusión da cultura.